Amosando publicacións coa etiqueta Europeas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Europeas. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de marzo de 2014

Compromiso aproba a súa candidatura ás eleccións europeas

Asistentes á Convención


Hoxe tivo lugar o Consello Político Nacional extraordinario de Compromiso por Galicia, onde se vén de aprobar de xeito unánime a candidatura que concorrerá aos vindeiros comicios europeos, encabezada polo xornalista e politólogo Paulo Carlos Loópez, gañador do proceso de primarias abertas á cidadanía. En palabras de López, “a candidatura é representativa, territorial e profesionalmente, da Galicia viva que queremos proxectar e defender”, ademais de engadir “que trasladará en precampaña e campaña a necesidade de dar respostas aos problemas da cidadanía, xa que o que se decide en Bruxelas ou Estrasburgo toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e das galegas”. Neste sentido, o candidato insistiu “na total e absoluta solvencia e referencialidade de todas as persoas que van na lista”, e acreditou en que “desenvolverán un traballo en campaña xeneroso, proactivo, propositivo e tentarán transmitir ilusión á xente”, de igual xeito que “devolverlle á política a vocación de servizo público que a ten irremediablemente que caracterizar”.

CANDIDATURA COMPROMISO POR GALICIA AO PARLAMENTO EUROPEO

1. Paulo Carlos López López
2. Óscar Carballo Iglesias
3. Inma López Silva
4. Teba Conde Herrezuelo
5. Victor Álvarez Arias
6. María Xosé Alfonso Torres
7. Andrés Núñez Rajoy



Óscar Carballo, número dous da candidatura de CxG ás Europeas


Pérez Bouza e Óscar Carballo

Óscar Carballo Iglesias o recén elixido responsable de Compromiso por Galicia na comarca de Ourense, será o número dous da candiatura nas eleccións europeas do 25 de maio de Compromiso por Galicia, que participará dentro da candidatura denominada Coalición por Europa, e que se presentará oficialmente o vindeiro 28 de abril.

Cando foi elixido responsable comarcal, Óscar Carballo pedíu aos representantes públicos que coas súas actuacións no axuden a convertir a política nun circo, e que "se adiquen a facer propostas útiles para resolver os problemas dos cidadáns e menos á farándula".

A candidatura terá no seu primeiro posto a Paulo Carlos López, candidato máis votado nas primarias convocadas á cidadanía por Compromiso por Galicia.