Amosando publicacións coa etiqueta Partido Popular. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Partido Popular. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2015

Compromiso denuncia o acto do Partido Popular con Ana Pastor en Ponteareas

Compromiso denuncia ante a Xunta electoral o acto que tivo lugar hoxe no concello. O Partido Popular fai un desembarco en Ponteareas, coa Ministra Ana Pastor, intentando enganar aos veciños e veciñas coa cantinela de sempre, que se vai construir a cincunvalación. O PP leva décadas prometendo este vial, e a día de hoxe non hai nin proxecto, solo unhas liñas debuxadas no PXOM

Estrada que non solucionaría os problemas de tráfico do concello porque non da saída aos vehículos que circulan pola N120, que son máis de 12.000 diarios e que estragaría toda a conca do Uma o seu paso polo noso concello, manifesta Sandra Araúxo, candidata á alcaldía de Compromiso.

Coche Oficial de Ana Pastor aparcado enriba dunha praza de minusválido onte en Ponteareas
                                                                                                  
Unha vez máis, como cada vez que os cidadáns teñen que ir ás urnas aparece un ministro anunciando grandes obras e infraestruturas que nunca chegan a Ponteareas. Esta campaña, para non perder as esencias comezou co tema do PXOM e vai rematar co tema da circunvalación.
Resulta patético que despois de once anos na alcaldía teña que vir unha señora dende Madrid a dicir que se vai facer unha circunvalación cando non hai orzamento aprobado nin para facer o estudo preliminar de viabilidade e moito menos o estudio de impacto ambiental, informa a galeguista.


Que podemos esperar máis que mentiras, dun partido que non respecta aos seus veciños e veciñas, cando aparca os  coches oficiais, que pagamos todos , nas prazas dos discapacitados, recalca Araúxo.

xoves, 9 de abril de 2015

Compromiso por Galicia alucina coas contas do ano 2014 presentadas polo goberno do PP

Belén Villar fai malabarismos contables para engañarse a si mesma

O goberno municipal do Partido Popular ven de presentar e anunciar en prensa que durante o ano 2014 tivo un aforro de 1,5 millóns de euros, o que ven sendo uns 250 millóns das antigas pesetas. Tendo en conta que Ponteareas leva prorrogando o seu orzamento dende o ano 2010, cando aprobou unas contas de 13 millóns de euros querería dicir que gastou so o 80% dos cartos que ingresou, feito que é mentira e ademais é imposible.

Sandra Araúxo, candidata á alcaldía por Compromiso por Galicia, quere manifestar en primeiro lugar a absoluta imprudencia do Partido Popular para aprobar uns orzamentos en cinco anos, cando o nivel de ingresos provocado pola crise, a retención de cartos para asumir o embargo feito polo propio Goberno do Estado, a refinanciación da débeda, a redución de plantilla e servizos supón que tanto os ingresos totais como os gastos diminuíron de maneira considerable, sobre todo os ingresos.

O único motivo polo que o goberno encuberto do PP e ACIP non aprobaran un orzamento para Ponteareas foi a de manter unas partidas orzamentarias irreais sobre as que xustificar e endosar os gastos cotiás do Concello. “Hai que lembrar que a aprobación das partidas de gastos non se xustifican nin aproban polo feito de ter liquidez ou saldo positivo nunha conta bancaria, nas administración o visto e prace dos interventores e concelleiros basean aprobar un gasto na existencia de partida presupostaria, exista ou non liquidez nese momento”, sinala Sandra Araúxo.

Dado que o concello sigue intervido polo Estado, polo que ten unha retención do 50% , os gastos aumentaron pois o goberno triplica servizos como o de mantemento de xardíns, ou limpeza de escolas con subcontratas, etc, e que o nivel de ingresos debidos a crise son menores, a pesares da subida salvaxe de impostos, é imposible que as contas dean superávit, sinala Araúxo.

Os galeguistas recalcan que Belén Villar e Solla queren facer os cidadáns parbos, pero non o son, porque teñen probas máis que dabondo para saber que a xestión económica deste concello é unha desfeita cando vimos de vivir casos diversos de supostos cobros irregulares como o das terrazas ou o dos cursos do conservatorio, cartos que non pasaban a ser ingresados nas arcas municipais, e que algúns si aparecían na contabilidade.


Polo tanto, “manter o orzamento do ano 2010 co que agora son partidas orzamentarias virtuais, infladas, permitiu manter un nivel de gasto que non é acorde cos ingresos reais do Concello” conclúe a candidata de Compromiso por Galicia.

xoves, 12 de febreiro de 2015

Sandra Araúxo fala sobre o estado de abandono dos accesos ao Cabalón

Comezamos unha nova iniciativa. A candidata á alcaldía de Ponteareas por Compromiso por Galicia, Sandra Araúxo, denunciará públicamente as cousas que todas e todos nos vemos todos os días na nosa Vila.

Desta vemos o estado da carretera de acceso a O Cabalón, na parroquia de Angoares, exemplo claro do abandono ao que somete durante catro anos ás parroquias de Ponteareas o goberno do Partido Popular.



Pero tranquilidade, a Deputación financiará 40 contratos para que o Concello contrate peóns de medio ambiente, vías e obras etc. Chegan as eleccións e comeza a campaña #votosxtraballo.



martes, 23 de setembro de 2014

Compromiso denuncia ante o valedor do pobo a falta de transparencia do goberno do PP

O Goberno do PP pretende calar a voz de Compromiso por Galicia, empregando trapalladas, e desta maneira continuar có proceso de consolidación de postos de traballo

Compromiso por Galicia presentara escrito no rexistro municipal hai uns días no que urxía a nulidade do proceso de consolidación de postos de traballo no concello de Ponteareas, porque o proceso está caducado.

Coa intención de entorpecer a labor deste grupo político, o goberno do PP con Salvador González Solla a súa cabeza, socilitan á representante do partido, Sandra Araúxo, que se acredite como membro de Compromiso e como persoa implicada no proceso. Este feito resulta cando menos bochornoso por canto tratan á exconcelleira galeguista como unha descoñecida para o goberno, cando formou catro anos parte da corporación municipal presidida polo alcalde actual.

Fai meses facíase público un informe do grupo Cidadanía e Comunicación (CIDACOM) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Laboratori de Periodisme i Comunicació per a la Ciutadania Plural daUniversitat Autónoma de Barcelona, sobre información e transparencia nas webs dos concellos de Galicia con máis de 20.000 habitantes dentro do proxecto Infoparticip@, no que  traballan tamén as universidades de Girona, La Laguna, Málaga, Politécnica de Cataluña ou Rey Juan Carlos.

E neste informe a  bandeira en falta de transparencia en concellos de máis de 20.000  aparece Ponteareas xunto con Lalín, incumprindo a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública. Este feito é un dos grandes logros do Sr. González Solla nos seus xa dez anos na alcaldía: arruinar definitivamente ao Concello e estar á cabeza dos concellos máis opacos da administración en España.

Agora, por se isto non fora pouco, pretende calar a voz de Compromiso empregando artimañas supostamente legais, para arquivar a solicitude dos galeguistas e continuar coa consolidación dos postos de traballo, sen que haxa un proceso legal, no que todos os cidadáns podan optar a un posto de traballo público en igualdade de condicións.

E sobre todo, cando trata de dar prioridade na consolidación aos traballadores afectados pola sentenza de inhabilitación de José Castro tal e como denunciou Compromiso, non rematando o proceso de reposición da legalidade dos contratos nulos de pleno dereito que el mesmo iniciou no ano 2008.


Compromiso denuncia ante o valedor do pobo esta situación, para que tome as medidas oportunas .

Ponteareas, 23 setembro 2014

luns, 22 de setembro de 2014

O goberno do PP pretende triquiñuelas legais para non declarar nulos os contratos dos "enchufados"

O goberno municipal ven de dar claras mostras de non ten pensado resolver o expediente aberto para a declaración de nulidade dos contratos dos traballadores contratados nos anos de José Castro, popularmente coñecidos como "os enchufados", ao respostar ao escrito presentado por Compromiso por Galicia de Ponteareas en pasadas datas.


A intención do goberno, usando todo tipo de artimañas, estrataxemas e laberintos legais, é a de consolidalos nun proceso extraordinario para despois alegar que non se pode resolver xa que os traballadores son fixos de plantilla. Todo moi ben pensado e traballado entre o alcalde, Salvador González Solla, os servizos xurídicos municipais e a defensa dos enchufados, letrados que teñen en común ter sido no seu momento contratados polos Castro como persoal de confianza con cargo aos orzamentos municipais.

O máis esperpéntico de todo é que dende o Concello de Ponteareas se pida a Sandra Araúxo Carballido que xustifique a súa condición de interesada no devandito proceso. 

Xa que teñen carencias de memoria Compromiso por Galicia de Ponteareas presentará no prazo establecido a documentación que o Concello require e que xa consta nos seus arquivos.

venres, 19 de setembro de 2014

Industria inicia o primeiro expediente sancionador a Gas Natural

Compromiso alertaba en novembro de 2013 das irregularidades na instalación do Gas Natural en Ponteareas, có consentimento do goberno do PP

Compromiso por Galicia, xa en novembro do ano pasado, alertaba de que  o goberno do PP, estaba a permitir que unha empresa estivera instalando o gas natural nos pisos sen facer proxecto da obra e sen pagar a correspondente licenza municipal,  e que polo conseguinte non poderían ter certificado de Industria de alta de dita instalación.

Agora case un ano despois, tras denuncias de particulares, industria abre un expediente sancionador a Gas Natural S.D.G. por non cumprir os requisitos técnicos esixidos segundo o artigo 24 da Posta en funcionamento dunha instalación térmica, informan os galeguistas.

Compromiso manifesta que, a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, non pode dar de alta estas instalacións, ao carecer de proxecto e licenza que garanta o cumprimento da normativa, e a seguridade dos veciños. Compre recordar que fai falta unha licenza xeral que abarcaría a obra xeral na vía pública ata a acometida do edificio (este permiso si o ten a empresa) e, por outra parte, unha licenza individual por cada edificio e vivenda, permisos que garanten a seguridade dos cidadáns.


Compromiso  tamén ten solicitado a paralización das obras do gas, a sabendas de que se está pondo en perigo a seguridade dos veciños e veciñas, xa que o goberno do PP, con Salvador González de alcalde, deixa nunha situación de inseguridade e indefensión a moitas familias, porque se as instalacións non cumpren cós requisitos que marca a lei, non se pode garantir que se cumpran os mínimos legais de seguridade e saúde.

Ponteareas, 19 setembro 2014