Amosando publicacións coa etiqueta recortes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recortes. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2015

Compromiso denuncia un novo atentado contra a función pública no Concello de Ponteareas

Solla e Villar, co apoio de ACiP, eliminarán prazas de administrativos funcionarios 

A calamitosa política de persoal levada a cabo pro Solla nos seus adez anos na alcandía, especialmente estes catro últimos con Belén Villar como concelleira de persoal, terán o seu cumio o vindeiro mércores cando nunha comisión infromativa propoñan a eliminación da plantilla de varias prazas de administrativo funcionario que se atopaban vacantes dende hai un ano.

A desfeita é tal que pretenden eliminar as prazas de funcionario para impedir procesos de promoción interna para que os auxiliares administrativos podan promocionar, e ascender de categoría, advirte Compromiso por Galicia.

Segundo os galeguistas, na actualidade, en todo o concello hai tres administrativos funcionarios, e dous deles se xubilarán en menos de dous anos, polo que a intención de Solla é  eliminar prazas de funcionarios para non ter que tocar a algún laboral. Entre os que se atopan o exsecretario local de ACIP. 

Dende Compromiso defendemos o mantemento das prazas de funcionarios, porque non poden ser ocupadas por persoal que non accedeu á administración polos principios de igualdade, mérito e capacidade , polo que actuaremos en consecuencia



martes, 13 de xaneiro de 2015

Compromiso di que xa é hora de que Belén Villar asuma a súa incompetencia en materia de persoal e facenda

Os galeguistas, unha vez máis, tachan a Belén Villar, concelleira de Facenda de incompetente, porque non foi quén de aprobar unha RPT, nin uns orzamentos en todo o mandato.

O goberno do Partido Popular non presentou ao Pleno un orzamento en todo o mandato, a pesar de contar co apoio tácito e a sumisión (dende a denuncia por presunta conexión irregular do concelleiro González Carrera á rede pública de electricidade) durante toda a lexislatura de ACIP, coa única finalidade de ter partidas infladas e poder incrementar o gasto, incumprindo os plans de axuste aprobados nos últimos anos.

Por mor da profunda crise económica que padece o Estado derivada das políticas de recortes de PSdG, incrementados de maneira brutal dende o acceso do PP ao goberno, o concello de Ponteareas ingresa moito menos que hai catro anos, cando se aprobou o último orzamento, aseguran os galeguista.

Esta redución de ingresos tería que compensarse co axuste nos gastos eliminando partidas superfluas e innecesarias e incrementando, na medida do posible, partidas tendentes a axudar aos que están a padecer de maneira máis violenta os efectos da crise: desemprego, fame, desnutrición, etc.

“O Concello mantén aos funcionarios de Ponteareas cos salarios máis baixos de España para manter a súa rede clientelar e consolidar aos enchufados de Pepe Castro", manifestan os galeguistas. Non podería ser doutra maneira dado que o PP sempre entendeu a xestión municipal como un xeito de colocar e pagar prebendas.


Villar, só se preocupou de intentar consolidar a determinados traballadores, e non de elaborar unha RPT, legal e xusta, como marca a lei. Consolidación que ten denunciado Compromiso en varias instancias, o que fixo posible que o PP non acadara de momento o seu obxectivo, que é consolidar aos enchufados.. Curiosamente un dos enchufados é o responsable da política salarial do Concello dado que  é o técnico laboral municipal.