xoves, 8 de xaneiro de 2015

Compromiso elixe o Secretario ou Secretaria local

O pasado mes de novembro, Compromiso por Galicia escolleu o novo Consello Político Nacional, por medio de listas abertas. Composto por 30 membros (15 homes e 15 mulleres) e a nova Comisión Executiva Nacional, da que forma parte Sandra Araúxo.

Agora toca renovar cargos locais e comarcais, polo que os galeguistas celebrarán este sábado 10 de xaneiro asemblea en Ponteareas, no Restaurante Punto&textura, na Avda. Galicia, 6, para elixir o Secretario ou Secretaria Local.

Compromiso aposta, nestes intres por “centrarse nas eleccións municipais”, unha eleccións, “a pé de obra, con contacto directo, onde non pesan tanto o soporte mediático como as propostas que se fagan en positivo para a mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”.

Neste senso, os galeguistas abrirán ese mesmo día, o seu proceso de primarias abertas, para elixir o seu candidato ou candidata ás eleccións municipais do mes de maio.

Os galeguistas animan aos vecinos e veciñas de Ponteareas preocupados polo futuro do concello,  a que acudan a dita xuntanza, que é aberta a cidadanía    .

mércores, 17 de decembro de 2014

Compromiso solicita medidas disciplinares para os directivos Conservatorio

Os galeguistas manifestan que o goberno deu a calada por resposta ante a denuncia de Compromiso sobre os presuntos cobros irregulares.

O Conservatorio Municipal leva organizando durante anos cursos extraescolares, impartidos por prestixiosos músicos do panorama Estatal. Antes de que  Belén Villar collera as responsabilidades das áreas de  Facenda e Persoal, a matricula de inscrición os mesmos se ingresaba nunha conta municipal, tal e como mostran as bases que achegan os galeguistas e tal e como manifesta o fiscal na súa acta.

A partires do ano 2011, coa entrada no goberno de Solla, de Belén Villar, os diversos cursos organizados polo conservatorio comezaron a cobrarse aos alumnos presuntamente de maneira irregular. Os  ingresos da matrícula se fixeron nunha conta bancaria presuntamente allea o concello, probas que presentou Compromiso ante a fiscalía, e que agora o fiscal da como probadas.

CxG pediu un expediente disciplinar contra os directivos do Conservatorio, logo de que o fiscal certificase que quedan probadas ditas irregularidades, e o goberno da a calada por resposta, encubrindo ditos feitos.

Novamente, nos atopamos cun presunto cobro irregular no concello de Ponteareas, e novamente o presunto responsable do cobro, ten relación có Partido Popular, dado que,  o director do centro neses intres, era candidato na listas das municipais do PP de Gondomar”, aseguran os galeguistas.


A día de hoxe o concello non tomou ningún tipo de medida, para depurar responsabilidades, o que fai sospeitar, de que o goberno pretende agochar e encubrir os implicados, neste asunto tan grave, alerta CxG.

Ponteareas, 16 de decembro de 2014



mércores, 3 de decembro de 2014

Compromiso ; Solla volve a mentir có PXOM

Compromiso por Galicia non cree a palabra de Solla, e pensan que o goberno do PP non vai aprobar o PXOM neste mandato.

“Salvador González Solla, con respecto a aprobación do Plan Xeral. Xa é hora de que mude de retrouso porque ten aburrido os veciños e veciñas. Cada dous meses conta a mesma cantinela, que o PXOM se aprobará en breve", ironizan os galeguistas. 

Compromiso; "as promesas de Solla non teñen validez, porque incumpre día tras día a súa palabra. leva dez anos na alcaldía e aínda non conseguiu sacar adiante o PXOM, porque non está capacitado para gobernar un concello”.

Os galeguistas tamén pensan que o mellor que lle pode pasar a Ponteareas, polo ben do pobo, e do seu progreso, é que non se aprobe nese mandato, porque os erros, eivas e barbaries que se aprobaron inicialmente dentro do PXOM de Ponteareas non se arranxan con alegacións, porque os erros que hai qué emendar no documento xa veñen da base do propio documento cando parte de cálculos erróneos na poboación, o que deriva nunha suposta necesidade de vivenda de nova creación. Partindo de datos non reais nin realistas créanse unha expectativas falsas coa única intención e incrementar a superficie urbana e con isto pasar o peto dos impostos e que os veciños apanden cos despilfarros dos seus dez anos de desgoberno.

Grazas a proposta de compromiso sobre o IBI urbano, a intención de sanear as contas municipais a costa dos veciños e veciñas, xa non lle será posible, porque vaise mudar a lei do Catastro.  As parcelas urbanas sen edificar pagarán como rústicas.

Outra cuestión que lle sorprende os galeguistas, é que cando todos os datos publicados polos diferentes institutos estatísticos falan dun envellecemento e perda de poboación para o 95% dos concellos galegos, entre eles Ponteareas, resulta difícil de entender que intenten levar adiante un Plan que contempla un crecemento nos próximos dez anos de 11.000 persoas, cando para a Provincia de Pontevedra, nese mesmo período de tempos se contempla unha perda de 35.000 habitantes.

Solla asegura que só falta informe de patrimonio, os mesmos argumentos que empregou fai dous meses e que todas as alegacións están resoltas, cando os afectados e afectadas non teñen ningún tipo de comunicación”,manifestan os galeguistas.
O PP pretende volver a enganar aos propietarios , porque o PXOM deixa fora centos de vivendas fora de ordenación,  nunha situación de indefensión total e de perda de valor catastral. A maior parte dos edificios do casco urbano quedan fora de ordenación, “salvo honrosas excepcións”, de maneira aleatoria e discriminatoria, dependendo de quen sexa o seu propietario, vulnerando o principio de equidistribución. Situación que non resolve no período de alegacións, se non que se agrava.


 “Non podemos hipotecar o futuro do concello, no que só saen beneficiados uns poucos, os de sempre” , manifesta Compromiso

martes, 2 de decembro de 2014

O desemprego en Ponteareas sube en 139 persoas en dous meses

Redacción, 2 de decembro.  Compromiso por Galicia Ponteareas  vén de cualificar como “negativos” os datos de paro da nosa cidade feitos públicos hoxe. O que, segundo os galeguistas, “amosan destrución de emprego durante o mes de novembro”. “xa non só estamos a falar dunha subida de 139 persoas a respecto do mes anterior, senón que estamos vendo que non existe un cambio de tendencia como parece dicir Feijóo e o PP. Nin o goberno da Xunta, nin tampouco o goberno local do PP e Solla, fan algo para melloralo”. 

Compromiso entende que “logo dun ano da austeridade de Feijóo e de reformas laborais, estamos vendo como esta política só crea traballos temporais e precarios, e destrúe o resto”.  Os galeguistas creen que “se pon en evidencia a desastrosa xestión do goberno Feijóo diante do principal problema que teñen os galegos, e tamén para os Ponteareas”, xa que dende que Alberto Núñez Feijóo goberna uns 50.000 galegos e galegas pasaron a estar rexistrados nas listas do paro, e “os datos en Ponteareas non son moito máis alentadores”. 
Compromiso por Galicia aposta en Ponteareas por unhas políticas activas de emprego centradas “nas axudas ao pequeno comercio, que a día de hoxe está afogado e sen ningún tipo de axudas por parte do Concello e pola aprobación do PXOM, para dotar a vila de solo industrial”.

DATOS DESEMPREGO EN PONTEAREAS. NÚMEROS ABSOLUTOS

Setembro 2014; 2809

Outubro 2014: 2935

Novembro 2014: 2948

sábado, 15 de novembro de 2014

Compromiso solidarizase cós afectados polas instalacións de Gas

Compromiso por Galicia ; nas instalacións do Gas en Ponteareas pagan xuntos por pecadores

En novembro de 2013 xa anunciabamos que grazas a presión veciñal, tras chamadas dos afectados aos municipais, conseguiran parar a obra de instalación de Gas Natural en edificios da Rúa Reveriano Soutullo , por carecer de licenza que garanta a seguridade e habitabilidade dos cidadáns.

Tal e como temos advertido reiteradamente, os propietarios están actuando de boa fe. Asinan un contrato para instalación do Gas Natural, confiando en que a empresa cumpra coa normativa, sen saber que a responsabilidade da obra recae sobre o promotor, que nestes casos pasan a ser os usuarios., manifestan os galeguistas.

    


Segundo Compromiso, as consecuencias destes feitos están comezando a dar os seus froitos. Os veciños e veciñas teñen que pagar o “pato”, tal e como lles acaba de suceder aos propietarios en Reveriano Soutullo, que foron sancionados polo concello cunha multa de 6001€, por carecer de licenza.

Para os galeguistas, non había que chegar a estes extremos, se o concello velase polos intereses dos cidadáns. Porque sendo coñecedores que se estaban facendo este tipo de obras , tiña que ter paralizado inmediatamente, actuando de oficio, a sabendas que non tiñan autorizacións.

O goberno do PP, con Salvador González Solla de alcalde, no único que está sendo contundente é na aplicación de multas inxustas para os propietarios. Na maior parte das comunidades de propietarios estes son descoñecedores da normativa, e de que eles son os responsables da obra do Gas no seu edificio, recalca Compromiso.

Ponteareas, 14 de novembro de 2014