venres, 1 de agosto de 2014

Compromiso solicita que se persone o concello ante o atentado ecolóxico

Ponteareas, 1 de agosto 2014



Na mañá de hoxe produciuse un verquido en Mondariz no río Tea, supostamente ocasionado por unha empresa da vila.

Dende Compromiso por Galicia, solicitamos que as administracións competentes  e a xustiza actúen contundentemente ante este atentado ecolóxico, no que se agrediu e matou directamente a fauna e flora do río, con algún produto tóxico.

Os galeguistas piden que se aplique a lexislación en materia medioambiental, e que os responsables destes feitos paguen coa pena máxima, porque as empresas están acostumadas a saírse de “rositas” ante feitos coma estes    

Compromiso pide os concellos afectados pola traxedia que se personen como causa particular, para velar por que se faga cumprir a lei e se condenen os culpables.


O río Tea ten a figura de protección Rede Natura 2000, pola gran riqueza de flora e fauna que contén e que hai que preservar, polo que o atentado aínda é de maior gravidade o ter especies que se atopan en situación de vulnerabilidade, afirman os galeguistas.

xoves, 17 de xullo de 2014

Compromiso tacha a Villar de incompetente e mentireira

Belén Villar  falou no pleno municipal  de aforro e de baixar o deficit do concello, cando iso a todas luces é falso, porque está manexando datos erróneos ao non ter un orzamento actualizado.

O goberno do Partido Popular non presentou ao Pleno un orzamento en todo o mandato, a pesar de contar co apoio tácito durante toda a lexislatura de ACIP e , coa única finalidade de ter partidas infladas e poder incrementar o gasto, incumprindo os plans de axuste aprobados nos últimos anos.

Por mor da profunda crise económica que padece o Estado derivada das políticas de recortes, incrementados de maneira brutal dende o acceso do PP ao goberno, o concello de Ponteareas ingresa moito menos que hai catro anos, cando se aprobou o último orzamento, aseguran os galeguista.
Esta redución de ingresos tería que compensarse co axuste nos gastos eliminando partidas superfluas e innecesarias e incrementando, na medida do posible, partidas tendentes a axudar aos que están a padecer de maneira máis violenta os efectos da crise: desemprego, fame, desnutrición, etc.

Para Compromiso, a Concelleira de Facenda, Belén Villar usa e manipula os datos o seu antollo, e solo fala do que lle interesa, para enganar os veciños e veciñas. Non explica en qué partidas incrementou o gasto, como é o caso de subcontratas a empresas privadas ( xardineiros, persoal para limpeza escolas...), en asesorías externas para que lle redacten informes a medida e evitar os informes dos funcionarios municipais, e poder continuar cunha  política de desfalco das arcar municipais.

Por outra parte tanto Villar como Solla falan de redución do déficit cando a día de hoxe o concello debe ao ORAL os tributos dos vindeiros catro anos, como mínimo. Regaloulle o contrato de suministro, depuración e potabilización a unha empresa sen concursos público (VIAQUA), mantén un contrato con FCC no que segundo a propia Villar hai traballos valorados en 400.000 euros (o 35% do total do contrato), que fai o concello con medios propios ou premia con ascensos a traballadores con denuncias por "apropiarse indebidamente" do importe de taxas municipais.

Os galeguistas aseguran que o concello segue a endebedarse, e consideran que Villar debería dimitir, porque é inasumible que un concello en bancarrota teña presupostos porrogados dende o 2010.

Ponteareas, 17 xullo 2014



martes, 15 de xullo de 2014

Compromiso por Galicia denuncia que o goberno municipal non acata as sentenzas xudiciais


Ponteareas, 15 xullo 2014


O PP perdeu un xuízo contra un empregado público, que tiñan destituído inxustamente do seu posto de traballo. O xuíz declara a favor do traballador, informando que hai que incorporalo inmediatamente a súa praza.

No lugar de acatar a sentenza, Belén Villar , concelleira de Facenda, nunha mostra máis da súa prepotencia e incapacidade para estar a altura do cargo que ocupa,desobedece a sentenza e permite presuntamente que se lle faga “mobbing” o empregado .

Dende a súa incorporación o goberno retiroulle as funcións o traballador, e o ten sentado nunha mesa valeira, sen que poda facer ningún tipo de tarefa. E teñen a outro empregado que non ten esas funcións desenvolvendo o seu traballo.

Compromiso solicita a Belén Villar, concelleira de Facenda e Persoal, que acate a sentenza e que respecte os traballadores.