Compromiso alertaba no mes de abril ao concello e ao
ministerio de Fomento sobre o perigo que se atopaba a “Rúa de Abaixo”, actual
Rúa Real, na Nacional 120, coas farolas do alumeado público en mal estado.
Daquela os galeguistas presentaran sendos escritos dirixidos ao goberno
municipal e ao Ministerio de Fomento, encargado do mantemento da vía,
solicitando o arranxo dos desperfectos da rúa , entre os que se atopaban as
farolas.
Para os galeguistas, é incríbel o desleixo do
Ministerio de Fomento, e da despreocupación da ministra Ana Pastor, sendo
coñecedores do estado ruinoso no que se atopan as farolas, có cabreado
eléctrico ao aire e solto, sen caixas de protección, todas rotas. Calquera día
podería xurdir un problema de seguridade cidadá, por atoparse as avarías o
alcance de pequenos e animais, tal e como que aconteceu nos pasados días en
Santiago de Compostela, onde faleceu unha nena.
Despois do lamentable accidente que lle custou a vida
a unha rapaza en Compostela, agardemos
que non suceda nada parecido en Ponteareas, porque desta "a escusa de que
non se sabía nada, non poderá utilizarse para disimular a incompetencia,
desleixo e desidia dun goberno inútil,
desentendido das necesidades dos veciños e veciñas", engaden os
galeguistas.
Ponteareas 16
setembro de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario