sábado, 25 de outubro de 2014

Compromiso esixe a paralización inmediata do proceso de consolidación da oferta de emprego público

Compromiso, na defensa do interese xeral e da transparencia nas diferentes administracións públicas, ven denunciando dende hai varias semanas a oferta de emprego público do concello de Ponteareas por estar caducada e non respectar a igualdade de oportunidades.
A  oferta de emprego foi publicada no ano 2008, polo que ten cumprido o tempo máximo de tres anos para a súa execución. Agora  a finais de 2014 o goberno do PP pretende consolidar aos afectados pola sentencia dos enchufados, contratos nulos de pleno dereito,  e computarlles a antiguedade, entre outros traballadores, manifestan os galeguistas.
Compromiso por en coñecemento que, o Subdirector Xeral de relacións laborais emitiu un informe sobre este asunto onde deixa claro que este proceso non se pode levar a cabo porque contradí o Real decreto lei 20/2011 , de 30 de decembro de medidas urxentes en materia presupostaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público, polo que os procesos de consolidación de emprego publico están afectados e en consecuencia non se permiten a convocatoria de prazas.

Copia do escrito do Subdirector Xeral de relacións Laborais

Compromiso esixe o goberno do PP  a paralización inmediata do proceso, por estar caducado, por non respectar os principios de igualdade de oportunidades e por non cumprir o decreto de equilibrio presupostario.

martes, 7 de outubro de 2014

O Valedor do Pobo admite a trámite queixa de Compromiso

O Goberno do PP pretende calar a voz de Compromiso por Galicia, empregando trapalladas, e desta maneira continuar có proceso de consolidación de postos de traballo
Compromiso por Galicia presentara escrito no rexistro municipal hai uns días no que urxía a nulidade do proceso de consolidación de postos de traballo no concello de Ponteareas, porque o proceso está caducado.

Coa intención de entorpecer a labor deste grupo político, o goberno do PP con Salvador González Solla a súa cabeza, solicitaba á representante do partido, Sandra Araúxo, que se acreditara como membro de Compromiso e como persoa implicada no proceso.

Os galeguistas puxeron en coñecemento do Valedor do Pobo , este abuso de autoridade, do goberno do PP , querendo impedir que Compromiso faga traballo político a prol dos cidadáns e de velar pola legalidade. O Valedor admite a trámite a queixa dos galeguistas ao entender que  reune os requisitos formais recollidos no artigo 18 da lei do valedor do Pobo,e que atopa, en principio cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da constitución.


O goberno pretendía calar a voz de Compromiso empregando artimañas supostamente legais, para arquivar a solicitude dos galeguistas e continuar coa consolidación dos postos de traballo, sen que haxa un proceso legal, no que todos os cidadáns podan optar a un posto de traballo público en igualdade de condicións.

Ponteareas, 7 outubro 2014

sábado, 4 de outubro de 2014

Compromiso leva máis dun ano alertando do posible perigo nas instalacións de Gas Natural

Compromiso por Galicia: "o Partido Popular debería paralizar cautelarmente as obras do Gas Natural, por seguridade".

Compromiso está preocupado pola seguridade dos vecños, tanto dos propietarios das vivendas onde se está a instalar o Gas Natural, como dos viandantes que transitan polas rúas onde se están a facer esas obras.

Os galeguistas levan alertando dende fai un ano, de que en Ponteareas se estaba instalando Gas Natural sen a garantía de seguridade, saúde e habitabilidade que marca a normativa.

Nestas últimas semanas as obras están sendo no bloque de edificios , onde o alcalde ten a unha vivenda. Varios veciños teñen denunciadas as obras, e pedindo a paralización das mesmas. Pero o Goberno do PP, no lugar de paralizar a obra de maneira cautelar mentres non se comprobe que cumpren ou non a normativa, están deixando continuar as obras.

Durante a mañá de hoxe, grazas a presión veciñal, tras chamadas dos afectados aos municipais, conseguiron parar a obra , na parte da fachada que afectaba a vía pública , por carecer de ningún tipo de seguridade.


Compromiso manifesta o  seu desconcerto ante a actitude de pasividade do goberno do PP, ante estas denuncias, que poden traen consecuencias graves aos propietarios das vivendas. Cando os que terían que estar velando porque se cumpra a normativa é o goberno e os técnicos municipais.