luns, 23 de febreiro de 2015

Araúxo pide máis seguridade nas paradas de autobuses escolares

Todas as mañáns repítese unha a mesma situación nas paradas de autobuses escolares, atopándose ocupados por vehículos obstaculizando o aparcamento dos autocares para poder recoller con seguridade aos nenos e nenas.

Esta infracción  fai que o autobús teña que parar no medio da rúa, non podendo arrimarse a parada, tendo que coller os rapaces no medio da estrada.

Compromiso solicita ao goberno municipal que coordine a policía local, para que nas horas puntas controle estes lugares conflitivos e velar pola seguridade dos escolares.




Logo de que a Xunta de Galicia, tras a demanda das ANPAS  recoñecese este servizo de paradas no casco urbano, como medida máis sostible para as familias, (aproveitamento o 100% das prazas do bus, utilizando o transporte publico e non o privado, desconxestionando as rúas na entrada e saída das escolas. Agora que o único que ten que facer o goberno do PP  é velar porque as paradas estean  libres, non o fai por desleixo total do concelleiro de educación, Andrés Sampedro  e de seguridade cidadá, Jesús Fernández, manifesta Sandra Araúxo , candidata de Compromiso á alcaldía de Ponteareas.

mércores, 18 de febreiro de 2015

Compromiso consegue paralizar a consolidación

Compromiso, na defensa do interese xeral e da transparencia nas diferentes administracións públicas, ven denunciando dende fai meses a oferta de emprego público do concello de Ponteareas por estar caducada e non respectar a igualdade de oportunidades. De feito, dende xullo de 2014 presentou diferentes escritos diante do Ministerio de Administracións Públicas, Consellería de Presidencia, Valedor do Pobo e, finalmente, diante da Fiscalía Xeral de Vigo.

Compre sinalar que todos es escritos presentados diante das diferentes administracións foron logo remitidas polo rexistro xeral tanto ao alcalde, á concelleira de persoal, á Secretaria Municipal e ao Asesor Xurídico. Pola contra, sinala Sandra Araúxo, a resposta do Concello sempre foi que “Compromiso non era parte interesada no tema e que non quedaba acreditada a quén representaba Sandra Araúxo”, no lugar de dar resposta a denuncia dos galeguistas.

Compromiso defende que a oferta de emprego pública foi publicada no ano 2008, polo que ten cumprido o tempo máximo de tres anos para a súa execución. Mentres, o goberno local asesorado polo informes do departamento de laboral cuxo responsable está incluído na sentenza de inhabilitación de José Castro, e polo asesor xurídico municipal, defenden que a oferta de emprego comeza non cando se aproba senón cando se publican as bases específicas.

Os galeguistas foron os primeiros e único partido que denunciou estes feitos  a pesares de que agora outros preténdense levar os galóns, cando non fixeron nada para impedir que esta consolidación se levase a cabo. 


Compromiso alédase da paralización da consolidación, tal e como se anunciou onte no pleno e quere mandar unha mensaxe os empregados municipais de tranquilidade, porque a partir de maio cun novo goberno ao fronte do concello velarase pola legalidade, a igualdade de oportunidades e a total transparencia nos procesos de oferta de emprego público.

xoves, 12 de febreiro de 2015

Sandra Araúxo fala sobre o estado de abandono dos accesos ao Cabalón

Comezamos unha nova iniciativa. A candidata á alcaldía de Ponteareas por Compromiso por Galicia, Sandra Araúxo, denunciará públicamente as cousas que todas e todos nos vemos todos os días na nosa Vila.

Desta vemos o estado da carretera de acceso a O Cabalón, na parroquia de Angoares, exemplo claro do abandono ao que somete durante catro anos ás parroquias de Ponteareas o goberno do Partido Popular.



Pero tranquilidade, a Deputación financiará 40 contratos para que o Concello contrate peóns de medio ambiente, vías e obras etc. Chegan as eleccións e comeza a campaña #votosxtraballo.



mércores, 11 de febreiro de 2015

Araúxo alerta do perigo de derrube na estada do Cabalón

As intensas chuvias do mes de outubro produciu pola filtración da auga un derrubo na estrada que leva o Cabalón na parroquia de Angoares.

O goberno do Partido Popular coñece esta situación dende fai catro meses e non arranxou a estrada, o único que fixo foi poñer unha cinta para advertir do perigo.


Compromiso está preocupado que poda acontecer un accidente no lugar, porque a vía é transitada por moita xente que vai visitar o Cabalón, por maquinaria pesada dos  veciños/as que traballan fincas do lugar e por cidadáns que circulan e pasean a diario por ese lugar.

Sandra Araúxo, candidata de Compromiso, solicita que se arranxe esta estrada antes de que aconteza algunha desgraza, e a estrada se siga derrubando.


Se volven as chuvias o firme seguirá índose e a fochanca aumentando o seu tamaño, advirte Araúxo.

sábado, 7 de febreiro de 2015

A industria e o comercio local hai que defendelos


O Goberno da Xunta sigue co seu intento de enchufar a Solla no INEM

Solla terá que presentar un contrato que xustifique que a súa  relación laboral na Fundación Comarcal era de fixo e non de indefinido

O xoves 4 de febreiro o PP ven de publicar no DOG o proceso definitivo das bases de "enchufe" para os xerentes das fundacións comarcais.
Logo de que Compromiso Ponteareas alertase desta posible contratación irregular, produciuse unha modificación na xustificación. Agora Salvador González Solla, para optar a dito posto ten que demostrar que oo seu contrato xa era de laboral fixo

Así, no punto 4 do Apartado 3 di claramente que "4. Non poderá exercer a opción para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia, o persoal que estivese vinculado a Sodeco por un contrato de alta dirección ou mediante unha relación laboral de carácter temporal ou indefinida non fixa. Igualmente, tampouco poderá exercer o dereito de opción o persoal de carácter eventual ou alto cargo que non teña a condición de persoal laboral fixo dela", sinala Compromiso por Galicia. 

Na oferta de emprego na que foron contratados en xaneiro de 1998 indicaba claramente que era persoal indefinido, polo que os galeguistas entenden que non os poden  pasar para persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e menos cando veñen dun “chiringuito” creado por Fraga.

Compromiso entende que a administración pública ten que velar pola igualdade de oportunidades para o acceso á función pública e non privilexiar aos “amiguitos” nin servir para pago de favores políticos

martes, 3 de febreiro de 2015

Araúxo preocupada polos datos do paro en Ponteareas que superan as 3000 persoas

Os galeguistas tachan de alarmantes os datos do paro na localidade, que só no último mes ascendeu en 56 persoas acadando as 3008 desempregados

Arauxo entende que “logo de varios anos de austeridade de Feijóo e de reformas laborais, estamos vendo como esta política só crea traballos temporais e precarios, e destrúe o resto”.  A galeguista cre que “se pon en evidencia a desastrosa xestión do goberno Feijóo diante do principal problema que teñen os galegos/as, e tamén para os ponteareáns”, xa que dende que Alberto Núñez Feijóo goberna uns 50.000 galegos e galegas pasaron a estar rexistrados nas listas do paro, e “os datos en Ponteareas non son moito máis alentadores”.

Compromiso por Galicia aposta en Ponteareas por unhas políticas activas de emprego centradas “nas axudas ao pequeno comercio e pequenas empresas, que a día de hoxe está afogado e sen ningún tipo de axudas por parte do Concello”.

Dentro das medidas que pensan implantar os galeguistas a partir de maio é potenciar o CDL (centro desenvolvemento local) para crear un verdadeiro servizo municipal de emprego, onde os emprendedores podan contar có asesoramento adecuado para sacar adiante as súas iniciativas, onde se organicen cursos de formación adecuados a realidade local, entre outras cuestións.

Tamén crearemos un portal web, onde as empresas podan publicitar as súas ofertas de emprego e os parados teñan un servizo real, que o INEM non ofrece, manifesta Araúxo.