sábado, 15 de novembro de 2014

Compromiso solidarizase cós afectados polas instalacións de Gas

Compromiso por Galicia ; nas instalacións do Gas en Ponteareas pagan xuntos por pecadores

En novembro de 2013 xa anunciabamos que grazas a presión veciñal, tras chamadas dos afectados aos municipais, conseguiran parar a obra de instalación de Gas Natural en edificios da Rúa Reveriano Soutullo , por carecer de licenza que garanta a seguridade e habitabilidade dos cidadáns.

Tal e como temos advertido reiteradamente, os propietarios están actuando de boa fe. Asinan un contrato para instalación do Gas Natural, confiando en que a empresa cumpra coa normativa, sen saber que a responsabilidade da obra recae sobre o promotor, que nestes casos pasan a ser os usuarios., manifestan os galeguistas.

    


Segundo Compromiso, as consecuencias destes feitos están comezando a dar os seus froitos. Os veciños e veciñas teñen que pagar o “pato”, tal e como lles acaba de suceder aos propietarios en Reveriano Soutullo, que foron sancionados polo concello cunha multa de 6001€, por carecer de licenza.

Para os galeguistas, non había que chegar a estes extremos, se o concello velase polos intereses dos cidadáns. Porque sendo coñecedores que se estaban facendo este tipo de obras , tiña que ter paralizado inmediatamente, actuando de oficio, a sabendas que non tiñan autorizacións.

O goberno do PP, con Salvador González Solla de alcalde, no único que está sendo contundente é na aplicación de multas inxustas para os propietarios. Na maior parte das comunidades de propietarios estes son descoñecedores da normativa, e de que eles son os responsables da obra do Gas no seu edificio, recalca Compromiso.

Ponteareas, 14 de novembro de 2014

sábado, 8 de novembro de 2014

Compromiso conseguiu que se mude a lei do catastro no cobro do IBI

A lei de Catastro mudará grazas a petición de Compromiso , na que se solicitaba a aplicación da sentenza do Tribunal Supremo que afectaba as parcelas urbanas non urbanizadas

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, alégrase da decisión tomada polo Ministerio de Hacienda, de revisar a lei do IBI.
No mes de agosto os galeguistas presentaron iniciativas nos concellos do país para que se cumprira a sentenza do tribunal supremo e se fixera a “revisión de oficio” do Imposto de Bens Inmobles (IBI) das parcelas cualificadas como urbanas que non estiveran urbanizadas e careceran de edificacións, aplicando a sentenza do Tribunal Supremo do 30 de maio de 2014.

            Moitas parcelas dos concellos cualificadas como urbanizables non contan con accesos, auga, saneamento ou rede eléctrica e xeralmente adicadas a labores agropecuarias, sen edificacións, “estanse gravando cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo para edificar”, o que ademais de “inxusto”, carece de “toda lóxica”, manifesta Xoán Bascuas.

          O galeguista reclamaban no seu día a aplicación da sentenza do pasado 30 de maio de 2014 do Tribunal Supremo que indica que os propietarios de terreos considerados nos Plans Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa propia definición, aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, senón rústica. A sentenza xurdiu tras a reclamación dun particular no concello de Badajoz, e afecta a todos os municipios do Estado,  porque o recurso promovido pola Administración do Estado foi de interese de lei e a decisión do Tribunal Supremo fixa unha doCtrina de interpretación que ten carácter vinculante.

           
Logo de que a proposta de Compromiso prosperase en diversos concellos do  país, tales como Lalín, Ames, etc, o Ministerio de Hacienda decide mudar a lei do Catastro e aplicar a sentenza do tribunal Supremo, tal e como solicitaban os galeguistas.
“En Ponteareas o goberno rexeitou a iniciativa de Compromiso, o non levar a moción o pleno , pero agora será o Ministerio o que obrigue ao concello a devolver estes cobros indebidos os cidadáns, e a que revise o imposto de bens inmobles”, manifesta Sandra Araúxo


Queremos lembrar que as persoas afectadas poderán proceder  a instar ante Facenda local a apertura dun procedemento  de devolución de ingresos indebidos dos recibos de IBI abonados como solo  urbano dos últimos 4 anos, invocando a citada sentenza do Tribunal Supremo e  achegando proba da clasificación urbanística do solo cuxo IBI se reclama.