sábado, 15 de novembro de 2014

Compromiso solidarizase cós afectados polas instalacións de Gas

Compromiso por Galicia ; nas instalacións do Gas en Ponteareas pagan xuntos por pecadores

En novembro de 2013 xa anunciabamos que grazas a presión veciñal, tras chamadas dos afectados aos municipais, conseguiran parar a obra de instalación de Gas Natural en edificios da Rúa Reveriano Soutullo , por carecer de licenza que garanta a seguridade e habitabilidade dos cidadáns.

Tal e como temos advertido reiteradamente, os propietarios están actuando de boa fe. Asinan un contrato para instalación do Gas Natural, confiando en que a empresa cumpra coa normativa, sen saber que a responsabilidade da obra recae sobre o promotor, que nestes casos pasan a ser os usuarios., manifestan os galeguistas.

    


Segundo Compromiso, as consecuencias destes feitos están comezando a dar os seus froitos. Os veciños e veciñas teñen que pagar o “pato”, tal e como lles acaba de suceder aos propietarios en Reveriano Soutullo, que foron sancionados polo concello cunha multa de 6001€, por carecer de licenza.

Para os galeguistas, non había que chegar a estes extremos, se o concello velase polos intereses dos cidadáns. Porque sendo coñecedores que se estaban facendo este tipo de obras , tiña que ter paralizado inmediatamente, actuando de oficio, a sabendas que non tiñan autorizacións.

O goberno do PP, con Salvador González Solla de alcalde, no único que está sendo contundente é na aplicación de multas inxustas para os propietarios. Na maior parte das comunidades de propietarios estes son descoñecedores da normativa, e de que eles son os responsables da obra do Gas no seu edificio, recalca Compromiso.

Ponteareas, 14 de novembro de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario