luns, 31 de marzo de 2014

CxG , solicita ao pleno municipal que a matrícula os alumnos de familias numerosas sexa gratuíta no Conservatorio.

O concello de Ponteareas non respecta a lei en materia de familias numerosas; “Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección as Familias Numerosas”, na que di claramente; “No ámbito da educación establécense os seguintes beneficios: a) En todos os rexímenes, niveis e ciclos terá lugar unha exención do 100 por cento aos membros das familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 por cento para os de categoría xeral das taxas o prezos públicos que se apliquen aos dereitos de matriculación e exame, por expedición de títulos e diplomas académicos, docentes e profesionais, e calquera outras taxas o prezos públicos establecidos no citado ámbito”, informan os galeguistas.

Pitusa Xaneiro e Sandra Araúxo diante do Conservatorio



O goberno do PP de Ponteareas, cobra a matrícula integra os alumnos de familias numerosas , incumprindo a lei claramente, polo que Compromiso pedirá o pleno da Corporación que se pronuncie sobre este tema, e que acorde o seu cumprimento. Desta maneira, os alumnos poderán acollerse os beneficios que marca a lei, que non son nada máis que os seus propios dereitos.

sábado, 29 de marzo de 2014

Compromiso aproba a súa candidatura ás eleccións europeas

Asistentes á Convención


Hoxe tivo lugar o Consello Político Nacional extraordinario de Compromiso por Galicia, onde se vén de aprobar de xeito unánime a candidatura que concorrerá aos vindeiros comicios europeos, encabezada polo xornalista e politólogo Paulo Carlos Loópez, gañador do proceso de primarias abertas á cidadanía. En palabras de López, “a candidatura é representativa, territorial e profesionalmente, da Galicia viva que queremos proxectar e defender”, ademais de engadir “que trasladará en precampaña e campaña a necesidade de dar respostas aos problemas da cidadanía, xa que o que se decide en Bruxelas ou Estrasburgo toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e das galegas”. Neste sentido, o candidato insistiu “na total e absoluta solvencia e referencialidade de todas as persoas que van na lista”, e acreditou en que “desenvolverán un traballo en campaña xeneroso, proactivo, propositivo e tentarán transmitir ilusión á xente”, de igual xeito que “devolverlle á política a vocación de servizo público que a ten irremediablemente que caracterizar”.

CANDIDATURA COMPROMISO POR GALICIA AO PARLAMENTO EUROPEO

1. Paulo Carlos López López
2. Óscar Carballo Iglesias
3. Inma López Silva
4. Teba Conde Herrezuelo
5. Victor Álvarez Arias
6. María Xosé Alfonso Torres
7. Andrés Núñez Rajoy



Óscar Carballo, número dous da candidatura de CxG ás Europeas


Pérez Bouza e Óscar Carballo

Óscar Carballo Iglesias o recén elixido responsable de Compromiso por Galicia na comarca de Ourense, será o número dous da candiatura nas eleccións europeas do 25 de maio de Compromiso por Galicia, que participará dentro da candidatura denominada Coalición por Europa, e que se presentará oficialmente o vindeiro 28 de abril.

Cando foi elixido responsable comarcal, Óscar Carballo pedíu aos representantes públicos que coas súas actuacións no axuden a convertir a política nun circo, e que "se adiquen a facer propostas útiles para resolver os problemas dos cidadáns e menos á farándula".

A candidatura terá no seu primeiro posto a Paulo Carlos López, candidato máis votado nas primarias convocadas á cidadanía por Compromiso por Galicia.


A suba da Peaxe da AP-9: Hai outras solucións!

O goberno de Feijóo pensa subir a peaxe da AP-9.

Sabías que.....


Fronte á suba, as solucións de Compromiso:


venres, 28 de marzo de 2014

Xoán Bascuas: Feijóo quere condenar a Galicia á fame

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de manifestar hoxe a súa preocupación pola datos de investimento en I+D+i que se veñen de publicar nun informe da EAE Business School das distintas comunidades autónomas españolas. Segundo o líder galeguista, Galicia, logo do retroceso experimentado nos últimos 5 anos, inviste menos do 1% do PIB en I+D+i, “estando entre as comunidades que menos inviste nunha das actividades esencias para mudar o modelo produtivo e saír da crise”.


Xoán Bascuas entende que este tipo de política de Feijóo é “suicida”, xa que deixa ao país sen unha política estratéxica en materia de innovación, ao contrario de comunidades como País Basco, Navarra ou Catalunya, que se atopan entre os territorios onde a aposta na I+D+i é maior. O máximo dirixente de Compromiso cre que Feijóo, “quere condenar a Galicia á fame”, xa que é con este tipo de proxectos, “a forma na que as sociedades avanzadas progresan e saen adiante”. De xeito específico, Bascuas indica que os recortes foron particularmente duros no referido aos proxectos de I+D+i no ámbito universitario, o que provocou e segue a provocar “unha descapitalización das universidades galegas na medida en que os investigadores mozos se ven na obriga de marchar cara outros países”.

O líder galeguista, contrapón a política de inversión de Feijóo neste ámbito con outros países europeos con maior inversión, como Finlandia, Suecia e Dinamarca, con ratios do 3,55%, do 3,41% e do 2,99% respectivamente, “e que dende Compromiso por Galicia temos como referencia neste tipo de políticas”.


mércores, 26 de marzo de 2014

Compromiso , declara no xulgado pola súa denuncia sobre o presunto cobro irregular das terrazas

CxG , foi hoxe a ratificar a denuncia que presentara o 9 de xaneiro ante a fiscalía polo presunto cobro irregular no cobro da taxa por uso público

Compromiso por Galicia, presentara o pasado 9 de xaneiro ante a Fiscalía en Vigo unha denuncia alertando dun presunto cobro irregular en man da taxa de ocupación de chan público a hostaleiros do concello pola ocupación das súas terrazas.

Nese escrito, os galeguistas alertaban que un traballador municipal, con vinculacións ó PP anos atrás, e agora aos independentes, ACIP, efectuara ditos cobros, sen que eses ingresos constasen nas contas municipais.

O pasado 10 de febreiro o fiscal abre dilixencias previas e, de igual maneira que manifestara Compromiso, detecta indicios de delito, polo que o pon en coñecemento do xulgado de Ponteareas.

Pitusa Xaneiro e Sandra Araúxo dianto do Xuzgado


A Xuíza que chamou a declarar e a ratificar a denuncia no día de hoxe os galeguistas, que por medio de Sandra Arauxo confirmou durante media hora os motivos que orixinaron a denuncia.

Compromiso confía que o xulgado depure responsabilidades canto antes neste asunto, e desta maneira se limpe a imaxe da institución, que esta moi danada por estar envolta nestas irregularidades. No momento que finalice o proceso xudicial, tamén se poderá pechar o expediente aberto contra o traballador no concello, e finalizar con este caso.


Mentres, Compromiso quere dar o seu apoio aos empregados públicos do Concello de Ponteareas e manifestar o seu asombro pola xestión que fixo o goberno no asunto denunciado: primeiro negación, segundo sorpresa, terceiro miran para outro lado e para rematar danlle un destino privilexiado ao presunto autor do cobro irregular.

martes, 25 de marzo de 2014

Un plan que hipoteca o futuro de Ponteareas

Os criterios que hai que ter en conta no momento de acometer un planeamento urbanístico deben ser, avaliar cál é a pegada da vila e os núcleos rurais existentes, a expectativa de crecemento poboacional, a capacidade de carga do territorio no que se asenta a casco urbano e nos núcleos rurais que se estudan. Tamén temos que ter enconta, as posibilidades de reutilización de chan urbano xa tocados, fronte as expectativas de poñer en carga chans virxes, sobre todo cando se fala de chans de alto valor natural, soportes de territorio de alta biodiversidade. Ademais de prever cómo e con qué recursos económicos se vai a xestionar.

As directrices europeas, a lexislación estatal e autonómica en materia de urbanismo e protección do medio natural, apostan por un planeamento sostible no que prime un modelo de urbanización compacto e variado. Evitando no posible o consumo suplementario de chan para usos urbanísticos e así contribuír á conservación da estrutura de espazos naturais e agrarios preexistentes, posto que, o chan é un recurso limitado, mellorando así a calidade de vida dos cidadáns. Se tratan, en definitiva de combinar o espazo tal cal é coas necesidades de ocupación que precisa a sociedade que desenvolve a súa vida nese territorio.

Chama á atención que o goberno do PP, có apoio do PSOE, ACIP e o autismo do BNG, aproben un plan que prevé un crecemento poboacional ficticio, que non se apoia en ningunha previsión real de crecemento, como se pode constatar con unha lectura dos datos públicos que ofrece periodicamente o INE e o IGE, en base a poder realizar unhas reservas de chan cunha capacidade edificatoria que contribúe a expandir sen criterio e xustificación a mancha dun pobo xa de por si “fodido”. A pregunta é, ¿a quén beneficia? e ¿qué lexislación o ampara?, o PXOM non se xustifica.

Qué plan Xeral queremos aprobar?. Un documento que no estudio de medio rural e urbano do PXOM deixe atrás a maior parte do noso patrimonio sen catalogar e con elo sen protexer; muíños, cruceiros, casas señoriais, petos de ánimas, o túnel do tranvía, microtoponimia, e un longo etcétera. E ¿con qué fin?, o de non ter problemas para demoler e continuar coa especulación inmobiliaria, e seguir coa tradición urbanística, caótica e desordenada.

O que non aparece, do que non hai testemuña ou catalogación, urbanísticamente non existe. Por iso. a decisión de quen dirixe o Plan de non acometer un estudio serio e rigoroso do noso patrimonio para preservalo.

E incríbel a proposta de destruír o espazo protexido do Uma, espazo de altos valores naturais e paisaxísticos, cunha vía de alta capacidade. Unha estrada que segundo se desprende da lectura do PXOM, non soluciona ningún problema de mobilidade, xa que estes se dan no outro extremo de Ponteareas, na entrada pola N-120 dende Vigo (eixo Atlántico).

Chama a atención como unha gran parte de edificios do casco urbano se deixan en situación de “fora de ordenación”, “salvo honrosas excepcións”, despois de permitir a súa construción e venta, o mesmo partido que no seu día amparou que se construíran non axustándose a licenza moitos deles.


Esta decisión deixa  nunha situación de total indefensión os propietarios de ditas vivendas; con perda de valor catastral, problemas (nas hipotecas, para vendelos, para arranxalos), entre outras cuestións. Quen debe preservar a defensa do común, que non é outro que o goberno deixa en situación de indefensión aos que decidiron mercar unha vivenda cos seus aforros.


Primeiro permítese unha especulación voraz, para despois, ilegalizar sibílamente o antes permitido.

Estamos falando dun plan feito sen pes nin cabeza, que impide que a maior parte dos baixos comerciais existentes podan volver a desenvolver ditas actividades no caso de venda ou de mudar a súa titularidade, porque non se cumpren as alturas mínimas que marca o PXOM de máis de 3m. Non se entende que as normas sexas retroactivas.

Todo este documento se basea en datos irreais ou erróneos, non solo no que atinxe a poboación, senón que tamén no plano económico. Así, prevé un crecemento en base a uns servizos que carecen de partida orzamentaria, o que fai del un plan inviable, que xera unhas expectativas falsas.

Un Plan de Ordenación Municipal é o documento máis importante para un concello, para que a vila prospere. Pero de aprobarse este PXOM, Ponteareas vería hipotecado o seu futuro por 12 anos ou de por vida, porque poderían destruír moitos dos  seus recursos.


A pesares que consideramos que é moi necesario dotar o concello dun Plan Xeral, este non se pode aprobar a calquera prezo.


Sandra Arauxo Carballido

Artigo publicado no blog Política Ahora.