sábado, 29 de marzo de 2014

Compromiso aproba a súa candidatura ás eleccións europeas

Asistentes á Convención


Hoxe tivo lugar o Consello Político Nacional extraordinario de Compromiso por Galicia, onde se vén de aprobar de xeito unánime a candidatura que concorrerá aos vindeiros comicios europeos, encabezada polo xornalista e politólogo Paulo Carlos Loópez, gañador do proceso de primarias abertas á cidadanía. En palabras de López, “a candidatura é representativa, territorial e profesionalmente, da Galicia viva que queremos proxectar e defender”, ademais de engadir “que trasladará en precampaña e campaña a necesidade de dar respostas aos problemas da cidadanía, xa que o que se decide en Bruxelas ou Estrasburgo toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e das galegas”. Neste sentido, o candidato insistiu “na total e absoluta solvencia e referencialidade de todas as persoas que van na lista”, e acreditou en que “desenvolverán un traballo en campaña xeneroso, proactivo, propositivo e tentarán transmitir ilusión á xente”, de igual xeito que “devolverlle á política a vocación de servizo público que a ten irremediablemente que caracterizar”.

CANDIDATURA COMPROMISO POR GALICIA AO PARLAMENTO EUROPEO

1. Paulo Carlos López López
2. Óscar Carballo Iglesias
3. Inma López Silva
4. Teba Conde Herrezuelo
5. Victor Álvarez Arias
6. María Xosé Alfonso Torres
7. Andrés Núñez Rajoy



Ningún comentario:

Publicar un comentario