sábado, 22 de marzo de 2014

Paulo Carlos López, elexido candidato de CxG ás europeas

O periodista e politólogo Paulo Carlos López foi o elexido este sábado como candidato de Compromiso por Galicia ás eleccións europeas, ao colleitar un 47,9 por cento dos votos nas primarias que Compromiso por Galicia celebrou nos últimos días.

Paulo Carlos López, candidato de Compromiso

Paulo Carlos de 28 años e nado en Betanzos, será quén encabece a lista en Galicia de CxG nas que concorriremos ás europeas na "Coalición por Europa" con PNV, CiU e Coalición Canaria. 

Despois de dúas semanas de eleccións primarias abertas, este sábado en Ourense pechouse o proceso, del que, o presidente da Comisión electoral das primarias de Compromiso, Pablo González Mariñas, deu a coñecer os resultados.

os catro candidatos nas primarias de Compromiso

O total de votantes neste primeiro proceso de primarias foi de 710 personas, cunha participación da afiliación do 72 por ciento. Paulo Carlos López tivo un 47,9 por cento dos sufraxios, seguido por Xosé Mosquera Casero (36,2 por cento), Teba Conde Herrezuelo (11,8 por cento) e Pablo Penedo, candidato non afiliado, (2,1 por cento). Houbo un 0,3 por cento de votos nulos e un 1,6 por cento de sufraxios en branco.

As primeiras palabras de Paulo Carlos López foron "considero que CxG sementou unha nova forma de facer política, unha nova forma de elexir aos candidatos que implica un empoderamiento da sociedad fronte aos aparatos dos partidos tradicionais"

Ningún comentario:

Publicar un comentario