mércores, 26 de marzo de 2014

Compromiso , declara no xulgado pola súa denuncia sobre o presunto cobro irregular das terrazas

CxG , foi hoxe a ratificar a denuncia que presentara o 9 de xaneiro ante a fiscalía polo presunto cobro irregular no cobro da taxa por uso público

Compromiso por Galicia, presentara o pasado 9 de xaneiro ante a Fiscalía en Vigo unha denuncia alertando dun presunto cobro irregular en man da taxa de ocupación de chan público a hostaleiros do concello pola ocupación das súas terrazas.

Nese escrito, os galeguistas alertaban que un traballador municipal, con vinculacións ó PP anos atrás, e agora aos independentes, ACIP, efectuara ditos cobros, sen que eses ingresos constasen nas contas municipais.

O pasado 10 de febreiro o fiscal abre dilixencias previas e, de igual maneira que manifestara Compromiso, detecta indicios de delito, polo que o pon en coñecemento do xulgado de Ponteareas.

Pitusa Xaneiro e Sandra Araúxo dianto do Xuzgado


A Xuíza que chamou a declarar e a ratificar a denuncia no día de hoxe os galeguistas, que por medio de Sandra Arauxo confirmou durante media hora os motivos que orixinaron a denuncia.

Compromiso confía que o xulgado depure responsabilidades canto antes neste asunto, e desta maneira se limpe a imaxe da institución, que esta moi danada por estar envolta nestas irregularidades. No momento que finalice o proceso xudicial, tamén se poderá pechar o expediente aberto contra o traballador no concello, e finalizar con este caso.


Mentres, Compromiso quere dar o seu apoio aos empregados públicos do Concello de Ponteareas e manifestar o seu asombro pola xestión que fixo o goberno no asunto denunciado: primeiro negación, segundo sorpresa, terceiro miran para outro lado e para rematar danlle un destino privilexiado ao presunto autor do cobro irregular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario