quen somos?

Compromiso por Galicia, é un partido galeguista que defende o estado de benestar, os servizos públicos educativos e sanitarios gratuítos, a necesidade de que Galicia teña máis poder de decisión e a transparencia na xestión pública.

Confiamos no diálogo e o acordo e temos o convencemento de que a maioría da poboación, tamén confía no mesmo. Nin vimos dicir amén a todo o que se propoña nin a dicir non, por sistema, se as propostas non saen de nós.

Cremos nos pactos e o primeiro pacto que buscamos é coa propia cidadanía. Vimos escoitar, analizar e a axudar a conseguir as mellores propostas para mellorar a vida da cidadanía.

As nosas modestas portas están abertas a quen queiran traballar nesta liña.

Creemos en Ponteareas e queremos que Ponteareas progrese. Actuamos e pedimos a transparencia e e honradez que a nosa cidadanía merece.



Estamos ao servizo das nosas veciñas e veciños e á súa disposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario