martes, 26 de agosto de 2014

O Goberno do Estado admite a trámite a petición de Compromiso de nulidade da consolidación


Compromiso  denuncia que o PP intenta consolidar aos empregados municipais cunha oferta prescrita


Compromiso presentou un recurso contra a consolidación de postos de traballo no concello de Ponteareas ante Administracións Públicas, onde solicitaba a nulidade do proceso por consideralo caducado. Este recurso foi admitido e está sendo estudado e tras o debido análise xurídico, decidirase as medidas que procede adoptar

Os galeguistas afirman que dita oferta está caducada. Tal e como sinala o artigo 70º da Lei 7/2007, de 12 de abril, do, Estatuto Básico do Empregado Público dispón que o prazo máximo para a execución das Ofertas Pública de Emprego é de tres anos. O proceso de consolidación iniciouse no ano 2008 e foi incluído na oferta pública de emprego do ano 2010, aprobada cos orzamentos dese ano. Orzamentos que se encontran prorrogados dende aquela.

“Cabe destacar  que existen dous informes internos deste mesmo ano, asinados pola Secretaria Municipal e polo responsable do Departamento de Laboral nos que tamén indican que está caducado”, informa Compromiso

Para os galeguistas é indignante que pretenden consolidar como persoal laboral fixo a empregados incluídos na sentenza de inhabilitación de José Castro.

Ponteareas, 25 de agosto 2014



martes, 19 de agosto de 2014

Compromiso se compromete a axudar aos veciños nas reclamacións

Os interesados poderán impugnar as novas notificacións das liquidacións de IBI que reciban deses solos valorándoos como urbanos, así como tamén poderán proceder simultaneamente a instar ante Facenda local a apertura dun procedemento de devolución de ingresos indebidos dos recibos de IBI abonados como solo urbano dos últimos 4 anos, invocando a citada sentenza do Tribunal Supremo e achegando proba da clasificación urbanística do solo cuxo IBI se reclama.


Ademais, aproveitando o encontro cós veciños e veciñas poderemos informar que a sentenza vai máis alá do IBI, pois afectaría ás liquidacións do Imposto de Plusvalía (Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana) realizadas nos últimos 4 años sobre ese tipo de solos (dado que o solo non era urbano), de modo que o abono deberá calificarse como “indebido” e é reclamable, así como tamén afectará a aquelas valoracións en materia de expropiacións, imposto de sucesións, etc, onde se aplicara indebidamente o valor catastral como solo urbano da citada parcela ou finca, e sempre que non prescribira o dereito a reclamar a devolución.

Velaí a sentenza que ampara aos veciños e veciñas de Ponteareas na súa reclamación.

Compromiso solicita a revisión de oficio o IBI

Compromiso por Galicia considera que o concello está para facilitar a vida os cidadáns e non para sablealos
Actualmente o concello non fai distinción para o cobro do IBI entre terreos urbanos e urbanizables, considerando ambos como urbanos. Por isto moitas parcelas do concello calificadas como urbanizables no PXOM que non contan con accesos, auga, saneamento ou rede eléctrica e xeralmente adicadas a labores agropecuarias, sen edificacións, grávanse cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo para edificar. O que  supón unha grande carga económica para moitas familias, agravada pola gran subida do imposto que aprobou o PP có apoio de ACIP, manifestan os galeguistas.
Compromiso informa que, o pasado 30 de maio de 2014 o Tribunal Supremo da Sala do Contencioso dita sentenza que indica que os propietarios de terreos considerados nos Plans Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa propia definición, aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, senón rústica.

Compromiso insta a concelleira de Facenda, Belén Villar, a revisar de oficio o IBI aos terreos calificados como urbanos e que os pase a cobrar como parcelas rústicas, aplicando a Sentenza do Tribunal Supremo  de 30 de maio de 2014 (recurso en interese de lei 2362/2013).

Segundo os galeguistas, o goberno pretende sanear as contas a conta dos petos dos cidadáns, cando a bancarrota das arcas municipais é por culpa de máis de trinta anos de nefasta xestión económica do PP.


Velaí a sentenza que ampara aos veciños e veciñas de Ponteareas na súa reclamación.










sábado, 2 de agosto de 2014

Compromiso denuncia que o PP intenta consolidar aos empregados municipais cunha oferta prescrita

A oferta do ano 2010 caducou no 2013 tal e como din os informes municipais

Fai aproximadamente un mes, a concelleira de persoal do PP, Belen Villar, convocou aos representantes sindicais para informar sobre o proceso de consolidación iniciado no ano 2008 e que se incluíu na oferta pública de emprego do ano 2010, aprobada cos orzamentos dese ano. Orzamentos que se encontran prorrogados dende aquela.

Os galeguistas afirman que dita oferta está caducada. Tal e como sinala o artigo 70º da Lei 7/2007, de 12 de abril, do, Estatuto Básico do Empregado Público dispón que o prazo máximo para a execución das Ofertas Pública de Emprego é de tres anos.

“Cabe destacar  que existen dous informes internos deste mesmo ano, asinados pola Secretaria Municipal e polo responsable do Departamento de Laboral nos que tamén indican que está caducado”, informa Compromiso

Para os galeguistas é indignante que pretenden consolidar como persoal laboral fixo a empregados incluidos na sentenza de inhabilitación de José Castro.

Compromiso ven de presentar no rexistro do concello varios escritos para o Ministerio de Administracións Públicas, Secretaria Municipal e o Alcalde , a efectos de que se paralice este proceso de consolidación, por estar caducado o expediente.

Ponteareas, 1 de agosto 2014