martes, 19 de agosto de 2014

Compromiso se compromete a axudar aos veciños nas reclamacións

Os interesados poderán impugnar as novas notificacións das liquidacións de IBI que reciban deses solos valorándoos como urbanos, así como tamén poderán proceder simultaneamente a instar ante Facenda local a apertura dun procedemento de devolución de ingresos indebidos dos recibos de IBI abonados como solo urbano dos últimos 4 anos, invocando a citada sentenza do Tribunal Supremo e achegando proba da clasificación urbanística do solo cuxo IBI se reclama.


Ademais, aproveitando o encontro cós veciños e veciñas poderemos informar que a sentenza vai máis alá do IBI, pois afectaría ás liquidacións do Imposto de Plusvalía (Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana) realizadas nos últimos 4 años sobre ese tipo de solos (dado que o solo non era urbano), de modo que o abono deberá calificarse como “indebido” e é reclamable, así como tamén afectará a aquelas valoracións en materia de expropiacións, imposto de sucesións, etc, onde se aplicara indebidamente o valor catastral como solo urbano da citada parcela ou finca, e sempre que non prescribira o dereito a reclamar a devolución.

Velaí a sentenza que ampara aos veciños e veciñas de Ponteareas na súa reclamación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario