martes, 19 de agosto de 2014

Compromiso solicita a revisión de oficio o IBI

Compromiso por Galicia considera que o concello está para facilitar a vida os cidadáns e non para sablealos
Actualmente o concello non fai distinción para o cobro do IBI entre terreos urbanos e urbanizables, considerando ambos como urbanos. Por isto moitas parcelas do concello calificadas como urbanizables no PXOM que non contan con accesos, auga, saneamento ou rede eléctrica e xeralmente adicadas a labores agropecuarias, sen edificacións, grávanse cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo para edificar. O que  supón unha grande carga económica para moitas familias, agravada pola gran subida do imposto que aprobou o PP có apoio de ACIP, manifestan os galeguistas.
Compromiso informa que, o pasado 30 de maio de 2014 o Tribunal Supremo da Sala do Contencioso dita sentenza que indica que os propietarios de terreos considerados nos Plans Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa propia definición, aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, senón rústica.

Compromiso insta a concelleira de Facenda, Belén Villar, a revisar de oficio o IBI aos terreos calificados como urbanos e que os pase a cobrar como parcelas rústicas, aplicando a Sentenza do Tribunal Supremo  de 30 de maio de 2014 (recurso en interese de lei 2362/2013).

Segundo os galeguistas, o goberno pretende sanear as contas a conta dos petos dos cidadáns, cando a bancarrota das arcas municipais é por culpa de máis de trinta anos de nefasta xestión económica do PP.


Velaí a sentenza que ampara aos veciños e veciñas de Ponteareas na súa reclamación.










Ningún comentario:

Publicar un comentario