venres, 1 de agosto de 2014

Compromiso solicita que se persone o concello ante o atentado ecolóxico

Ponteareas, 1 de agosto 2014



Na mañá de hoxe produciuse un verquido en Mondariz no río Tea, supostamente ocasionado por unha empresa da vila.

Dende Compromiso por Galicia, solicitamos que as administracións competentes  e a xustiza actúen contundentemente ante este atentado ecolóxico, no que se agrediu e matou directamente a fauna e flora do río, con algún produto tóxico.

Os galeguistas piden que se aplique a lexislación en materia medioambiental, e que os responsables destes feitos paguen coa pena máxima, porque as empresas están acostumadas a saírse de “rositas” ante feitos coma estes    

Compromiso pide os concellos afectados pola traxedia que se personen como causa particular, para velar por que se faga cumprir a lei e se condenen os culpables.


O río Tea ten a figura de protección Rede Natura 2000, pola gran riqueza de flora e fauna que contén e que hai que preservar, polo que o atentado aínda é de maior gravidade o ter especies que se atopan en situación de vulnerabilidade, afirman os galeguistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario