xoves, 17 de xullo de 2014

Compromiso tacha a Villar de incompetente e mentireira

Belén Villar  falou no pleno municipal  de aforro e de baixar o deficit do concello, cando iso a todas luces é falso, porque está manexando datos erróneos ao non ter un orzamento actualizado.

O goberno do Partido Popular non presentou ao Pleno un orzamento en todo o mandato, a pesar de contar co apoio tácito durante toda a lexislatura de ACIP e , coa única finalidade de ter partidas infladas e poder incrementar o gasto, incumprindo os plans de axuste aprobados nos últimos anos.

Por mor da profunda crise económica que padece o Estado derivada das políticas de recortes, incrementados de maneira brutal dende o acceso do PP ao goberno, o concello de Ponteareas ingresa moito menos que hai catro anos, cando se aprobou o último orzamento, aseguran os galeguista.
Esta redución de ingresos tería que compensarse co axuste nos gastos eliminando partidas superfluas e innecesarias e incrementando, na medida do posible, partidas tendentes a axudar aos que están a padecer de maneira máis violenta os efectos da crise: desemprego, fame, desnutrición, etc.

Para Compromiso, a Concelleira de Facenda, Belén Villar usa e manipula os datos o seu antollo, e solo fala do que lle interesa, para enganar os veciños e veciñas. Non explica en qué partidas incrementou o gasto, como é o caso de subcontratas a empresas privadas ( xardineiros, persoal para limpeza escolas...), en asesorías externas para que lle redacten informes a medida e evitar os informes dos funcionarios municipais, e poder continuar cunha  política de desfalco das arcar municipais.

Por outra parte tanto Villar como Solla falan de redución do déficit cando a día de hoxe o concello debe ao ORAL os tributos dos vindeiros catro anos, como mínimo. Regaloulle o contrato de suministro, depuración e potabilización a unha empresa sen concursos público (VIAQUA), mantén un contrato con FCC no que segundo a propia Villar hai traballos valorados en 400.000 euros (o 35% do total do contrato), que fai o concello con medios propios ou premia con ascensos a traballadores con denuncias por "apropiarse indebidamente" do importe de taxas municipais.

Os galeguistas aseguran que o concello segue a endebedarse, e consideran que Villar debería dimitir, porque é inasumible que un concello en bancarrota teña presupostos porrogados dende o 2010.

Ponteareas, 17 xullo 2014



Ningún comentario:

Publicar un comentario