luns, 7 de xullo de 2014

Compromiso presentará recurso contra a consolidación de postos de traballo de Ponteareas

Compromiso, ante a decisión por parte do goberno municipal de continuar co expediente de consolidación de postos de traballo, quere manifestar a súa sorpresa, dado que a Oferta de Emprego aprobada co orzamento do ano 2010 caducou fai máis dun ano, e o EBEP é claro ao respecto en canto ao prazo de execución das Ofertas de Emprego.

Ademais , o goberno pretende consolidar prazas que teñen que ser ocupadas por funcionariado. Os informes internos emitidos nos últimos anos pola Secretaría e Intervención Municipal sinalan como prazas que teñen que ser ocupadas por funcionariado as de responsable do departamento laboral, do de cultura,  do arquivo municipal, persoal administrativo, auxiliares administrativos, o enxeñeiro/a técnico de obra pública,  entre outros, informa Compromiso.
A todo isto, habería que engadir que o goberno promoverá a consolidación de prazas con funcións que non se contemplan dentro das funcións propias obrigatorias incluídas dentro da reforma de Lei de Bases do Réxime Local, lei aprobada pola maioría absoluta do PP no Congreso.

Segundo os galeguistas, mediante unha providencia do  4 de febreiro de 2008 se requeríu ao concello a execución dunha sentenza, dentro do Procedemento Ordinario 170/2001, sentenza que anulaba a oferta de emprego dunha praza de Auxiliar Administrativo, ocupada polo que agora é presidente do comité de empresa, ao tratarse dunha praza que tiña que ser convocada na quenda de funcionarios ou funcionarias e non de réxime laboral.  De feito, o 30 de xullo de 2013 unha nova providencia aclaratoria do TSXG declara executada a sentenza aínda que a solución adoptada polo goberno podería ser constitutiva de delito en caso de que alguén a levara aos tribunais, dado que a sentenza falaba de nulidade do proceso coas consecuencias que conleva (evidentemente anulación do contrato) e o goberno, sen convocatoria algunha colocouno na mesma praza en calidade de interinidade, sen oferta de por medio e coa mesma consideración de persoal laboral.

Un ano despois, pretenden consolidar prazas nas que se atopa persoal incluído na sentenza dos enchufados , e incluso consolidar ao traballador vinculado no asunto do cobro irregular das taxas das terrazas e membro de ACIP. Todo isto có agravante de que se terán en conta os méritos viciados acumulados por contratos nulos de pleno dereito. 

Compromiso presentará un recurso contra este procedemento ante o Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas, o Defensor del Pueblo e o Valedor do Pobo, para denunciar que pretenden continuar cunha OPE caducada e impedir a consolidación dos enchufados, tal e como pretende o PP e consinte o BNG. O Bloque é o único que pode solicitar e executar a sentenza dos enchufados , dado que a demanda foi presentada polo BNG,motivo polo qeu son parte na causa e a xustiza esixe que sexan eles os qeu esixan esta execución. Pola contra fan demagoxia criticando ao goberno, pero non rematan unha causa iniciada hai case vinte anos nunha mostra máís da súa covardía política.


Para Compromiso por Galicia resulta curioso que o PP pretenda consolidar a persoal da sentenza dos enchufados, ou outros que non son propios das funcións do concello e todo isto cando o propio Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas mantén unha retención do 50% dos cartos que ten que enviar ao Concello para pagar os cartos adiantados do Estado para o pago das débedas xeradas polos trinta anos de gobernos do PP e ten que cumprir un plan de axuste que implica tamén o despido duns 50 traballadores/as máis , recalcan os galeguistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario