O tripartito BNG, PSOE e A Riada do Tea,
pasarán a historia por ser o goberno de "onde dixen digo , digo Diego”
O pasado 23 de maio o PSOE de Ponteareas
denunciaba a Xosé Represas por presunta intimidación ante a garda civil a un
candidato socialista. Segundo fixeran público denunciaran “ameazas e intimidacións,...incluso actitude desafiante
e acosadora”. A semana pasada, os socialistas de Ponteareas facían público que
retiraban dita denuncia e hoxe nos espertamos coa nova na que anuncian o pacto de goberno onde falan de que
o primeiro que sexa imputado ten que dimitir.
Copia da denuncia publicada en Comarcas na Rede o 23 de maio de 2015
Compromiso, ante a concatenación de
casualidades, esixe explicacións por estes feitos, dado que, ou o PSOE fixo
unha denuncia falsa no seu día, ou hoxe están enganando aos cidadáns encubrindo
ao actual alcalde. Si de verdade o pacto de goberno establece a renuncia ao
cargo de toda persoa con causa penal ou por acoso etc, e si os que o asinaron
pretenden cumprilo, está claro que a retirada da denuncia é para salvar ao Sr
Represas que podería acabar imputado por dita denuncia , o que dinamitaría o
pacto de goberno.
Fotografía coa actuación da Garda Civil publicada en EuropaPress o 23de maio de 2015
Os galeguistas tamén denunciaran
publicamente nas redes sociais a intimidación que sufriron por parte de
afiliados do BNG a véspera das eleccións, non chegando a levar o tema aos tribunais
como os socialistas por non influír no resultado electoral na xornada de
reflexión, a pesares de que membros do PSOE, entre as que estaban Chus Garrote,
o día das ameazas animaron as candidatas de CxG a que presentaran denuncia por
estes feitos.
Compromiso pregúntase que farían os membros
deste tripartito se estas supostas intimidacións foran a veciños e veciñas do
pobo, condenarían ditos actos ou pola contra farían piña para manter o poder a
toda costa.
Noticia no Atlántico Diario
Noticia en NoticieiroGalego
Noticia en El Correo Gallego