venres, 14 de agosto de 2015

Compromiso pide explicacións ao PSOE pola retirada da denuncia a Represas

O tripartito BNG, PSOE e A Riada do Tea, pasarán a historia por ser o goberno de "onde dixen digo , digo Diego”

O pasado 23 de maio o PSOE de Ponteareas denunciaba a Xosé Represas por presunta intimidación ante a garda civil a un candidato socialista. Segundo fixeran público denunciaran  “ameazas e intimidacións,...incluso actitude desafiante e acosadora”. A semana pasada, os socialistas de Ponteareas facían público que retiraban dita denuncia e hoxe nos espertamos coa nova na que  anuncian o pacto de goberno onde falan de que o primeiro que sexa imputado ten que dimitir.
Copia da denuncia publicada en Comarcas na Rede o 23 de maio de 2015
Compromiso, ante a concatenación de casualidades, esixe explicacións por estes feitos, dado que, ou o PSOE fixo unha denuncia falsa no seu día, ou hoxe están enganando aos cidadáns encubrindo ao actual alcalde. Si de verdade o pacto de goberno establece a renuncia ao cargo de toda persoa con causa penal ou por acoso etc, e si os que o asinaron pretenden cumprilo, está claro que a retirada da denuncia é para salvar ao Sr Represas que podería acabar imputado por dita denuncia , o que dinamitaría o pacto de goberno.
Fotografía coa actuación da Garda Civil publicada en EuropaPress o 23de maio de 2015
Os galeguistas tamén denunciaran publicamente nas redes sociais a intimidación que sufriron por parte de afiliados do BNG a véspera das eleccións, non chegando a levar o tema aos tribunais como os socialistas por non influír no resultado electoral na xornada de reflexión, a pesares de que membros do PSOE, entre as que estaban Chus Garrote, o día das ameazas animaron as candidatas de CxG a que presentaran denuncia por estes feitos.

Compromiso pregúntase que farían os membros deste tripartito se estas supostas intimidacións foran a veciños e veciñas do pobo, condenarían ditos actos ou pola contra farían piña para manter o poder a toda costa.

Resumo da noticia na prensa:

           
noticia no Faro de Vigo    


                                                    Noticia no Atlántico Diario

    
  Noticia en Comarcas na Rede    
             

Noticia en NoticieiroGalego

Noticia en El Correo Gallego

Ningún comentario:

Publicar un comentario