mércores, 21 de maio de 2014

A lista de políticos aos que lle pagaron viaxes para ver o Barça e Madrid

Alcaldes, concelleiros, funcionarios municipais, cargos da Xunta e técnicos da deputación recibiron presentes da trama da Pokemon, entre eles, Diego Calvo ou Carlos Negreira. A maior parte foron en forma de viaxes ou entradas para eventos deportivos, principalmente, partidos de fútbol do Barcelona ou do Madrid.


Un dos principais xeitos que tiña o entramado Vendex-Sermasa e Aquagest para conseguir contratas ou manter os favores das institucións públicas era a través de regalos. Era un xeito sutil de suborno no que caeron numerosos políticos e funcionarios públicos, entre eles, dirixentes do PP como Diego Calvo ou Carlos Negreira que foron xuntos a ver un partido da Champion League no Santiago Bernabeu.

GC xa ten publicada varias listaxes sobre quen recibiu regalos e quen. De feito, estes agasallos van desde cestas de Nadal até reloxos de luxo por case seis mil euros. Os presuntos corruptores mantiñan listas nas que clasificaban aos políticos e funcionarios, que ascendían ou descendían en función dos favores que lles podían arrancar.
Novos regalos
Pero os novos tomos da Operación Pokemon feitos públicos esta semana, e aos que tivo acceso GC, poñen ao descuberto que altos cargos do PP, alcaldes e concelleiros dos dous principais partidos, altos funcionarios da Xunta e outros cargos públicos tamén recibiron regalos, desta volta, foron, principalmente, en forma de viaxes ou entradas para ver, principalmente, partidos de fútbol ou baloncesto do Real Madrid ou Barcelona.

De feito, na investigación dirixida pola xuíza Pilar de Lara destacase que Aquagest, a través dos seus directivos, tiña establecido un programa de regalos en épocas de Nadal, para políticos e funcionarios de concellos e deputacións no que obtiveron ou tiñan previsto obter contratos públicos, así como un orzamento para comidas e xuntanzas con estes, “coa finalidade de crear un clima favorable aos seus intereses empresariais”.
Regalos ou viaxes, entradas e estancias en hoteis
As formas utilizadas por esta empresa para realizar este obxectivo é pagar regalos ou pagar viaxes, estancias en hoteis e asistencia a determinados eventos deportivos e culturais a políticos e funcionarios. De feito, e segundo o sumario, algunhas veces son os propios políticos os que lle piden á Aquagest que lles facilite entradas para asistir a algún evento deportivo ou cultural, tanto para eles, como para membros da súa familia e o seu círculo social. 

Entre os alcaldes beneficiados por estas viaxes e entradas a partidos de fútbol están Francisco Rodríguez (ex alcalde de Ourense),  Carlos Alberto Montes Marqués (O Carballiño), Salvador González Solla (alcalde de Ponteareas),  Rafael José Girón Martínez ( alcalde de Ortigueira), Antonio Carracedo Sacedon (alcalde de Laxe), Gerardo Conde Roa (ex alcalde de Santiago), Plácido Álvarez Dobaño (alcalde de Muiños); José Antonio Feijóo Alonso (alcalde de Baltar), Alfonso Fernando Fernández Mañueco (alcalde de Salamanca), Carlos Negreira (alcalde da Coruña)

Tamén dirixentes do PP como o presidente da deputación da Coruña, Diego Calvo, ou cargos da Xunta, como Patricia Montes Santos, subdirectora Xeral de Planificación e Proxecto, Augas de Galicia.

Esta é a listaxe:

ALCALDES

Francisco Rodríguez Fernández, ex alcalde de Ourense, recibiu presuntamente os seguintes regalos:
- regalo especial da lista de regalos de Nadal que a empresa Aquagest efectou no ano 2009
- dúas entradas para o concerto de Bruce Springsteen de agosto do 2009 por importe de 140 euros
- entradas para o partido Madrid-Barcelona de Champions.

Carlos Alberto Montes Marqués, ostentando cargo de alcalde do Carballiño, recibiu presuntamente:
- comida no restaurante Casa Solla con José Luis Míguez Rey
- Cinco entradas ao Palau Blaugrana de Baloncesto en 2010
- Comida de cinco comensais en xaneiro de 2010 por importe de 119,20 euros

Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, recibiu presuntamente:
- entradas p ara o partido Real Madrid-Valencia de abril de 2012 para el e cinco membros da súa familia
- estancia no Hotel Coloso de Madrid para el e cinco membros da súa familia durante tres días para asistir a ese partido
- Billetes de avión Vigo-Madrid e Madrid-Vigo para os días 6 e 9 de abril de 2012
O importe total de todo foi de 2.383,75 euros

Rafael José Girón Martínez, alcalde de Ortigueira, recibiu presuntamente:
- invitación ao circuito de fórmula 1 de Valencia
- invitación ao partido no Santiago Bernabeu entre Real Madrid e Olympic de Lyon

Carlos Negreira Souto, alcalde da Coruña, recibiu presuntamente:
- invitación o partido de Champions League no estadio Santiago Bernabeu en 2011

Antonio Carracedo Sacedon, alcalde de Laxe, recibiu:
- regalo especial da lista de regalos de Nadal do ano 2009

Gerardo Conde Roa, ex alcalde de Santiago, recibiu presuntamente:
- invitación para asistir ao partido de Liga de Campións no Santiago Bernabeu
- ostentando o cargo de alcalde recibiu invitación para o partido Barcelona-Real Madrid no Nou Camp en 2011, reserva do hotel en Barcelona.

Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muiños e José Antonio Feijóo Alonso, alcalde de Baltar, recibiron presuntamente:
- visita a Masella á planta de Triaje, Valorización Enerxética e Biometranización do RSU de Marsella entre os días 6 e 7 de outubro de 2010

Alfonso Fernando Fernández Mañueco, alcalde de Salamanca, recibiu presuntamente:
- entrada para o partido no Santiago Bernabeu en outubro de 2011 para o Real Madrid-Oympic de Lyon


CARGOS DO PP

Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación da Coruña, recibiu presuntamente:
- invitación ao partido de Champions League no Santiago Bernabeu en 2011

Luis de la Mata Canto, responsable de Prensa e Comunicación do PP, recibiu presuntamente:
- reserva de voo e hotel en marzo de 2011


XUNTA

Patricia Montes Santos, ocupando a Subdirección Xeral de Planificación e Proxecto, Augas de Galicia, recibiu presuntamente:
- solicita catro entradas de Palco VIP a José Luis Míguez Rey para o concerto de Fito y los Fitipaldis o 19 de novembro de 2010 no Multiusos do Sar enSantiago
- entradas de zona VIP para o partido Real Madrid-Olympiaque en marzo de 2011, acompañada pola sua irmán.


CONCELLEIROS DE DISTINTOS PARTIDOS

José Manuel Valcarcel Riveiro, ostentando o cargo de concelleiro de Vías e Obras do Concello de Pontevedra, recibiu supostamente:
- entradas para o partido Barcelona-Real Madrid en novembro de 2010 en Barcelona. Segundo recolle o sumario, foi acompañado por José Manuel (Xefe do Negociado de Facenda e Persoal do Concello de Pontevedra)

Ángel Espadas Díez, ex concelleiro e ex xefe de Gabinete de Conde Roa, recibiu presuntamente:
- reserva por parte de Aquagest do Hotel NH constanza en Barcelona por unha noite en decembro de 2010
- billete de avión Santiago-Barcelona e Barcelona-Santiago en Nadal dese ano
- invitación para asistir a un partido da Champios no Bernabeu
- reserva de voo por Aquagest en marzo de 2011
- entrada para o partido entre Barcelona e Real Madrid do 2011
- entrada para partido Barcelona-Rela Sociedad de febreiro de 2012

Adrián Varela Sarandeses, concelleiro do PP en Santiago, recibiu presuntamente:
- reserva de voo confirmada Santiago-Madrid e Madrid-Santiago os días 18 e 19 de outubro de 2011. Ent otal, 493 euros
- invitación para asistir xunto coa súa familia ao partido Real Madrid-Sevilla na semana do 28-29 de abril de 2012

María Castelao Torres, concelleira do PP en Santiago, recibiu presuntamente:
- invitación ao partido Barcelona-Real Sociedade o 5 de febreiro de 2012

María Carmen Lemos González, ostentando o cargo de xefe de Gabinete do alcalde de Santiago, recibiu presuntamente.
- solicita a través do concello a José Luis Míguez Rey, dúas entradas para o palco do Bernabeu para o partido Madrid-Deportivo de outubro de 2010, para os seus pais

Joaquín Moya-Angeler Sánchez, que ostenta o cargo de tenente de Alcalde de Economía e Facenda do Concello de Murcia, recibiu presuntamente unha estancia no Hotel-Occidental de la Reconquista. Dúas habitacións por tres noites por importe de 1.155,60 euros en xullo de 2008 e dúas habitacións por catro noites en decembro dese mesmo ano por importe de 1.013 euros. Tamén pediu unha habitación para dúas persoas en decembro dese ano e entradas para o partido Barcelona-Madrid. O importe do hotel foron 673,92 euros.

Bernardino Rama Seoane, ex concelleiro do PSdeG en Santiago, recibiu presuntamente os seguintes agasallos:
- solicita de José Luis Míguez Rey dúas entradas para o partido Barcelona-Madrid  en Barcelona
- solicita a través de José Luis Míguez asentos para o palco, para o partido Madrid-Deportivo

Marta Álvarez-Santullano Fernández, concelleira en Santiago, recibiu presuntamente:
- entrada para o partido Barcelona-Real Madrid, acompañado de Bernardino Rama

Eloy Vicente Súarez Lamata, candidato do PP no Concello de Zaragoza, recibiu presuntamente:
- invitación ao partido entre Real Madrid e Barcelona de decembro de 2011

Sebastián Contin Trillo-Figueroa, concelleiro do PP en Zaragoza, recibiu presuntamente:
- invitación ao partido entre Real Madrid e Barcelona de decembro de 2011


TÉCNICOS E FUNCIONARIOS

Francisco Manuel Moreda Gil, ostentando o cargo de arquitecto municipal de Ribadeo, recibiu presuntamente:
- entradas para o partido de Champions League en Barcelona entre o Barcelona e o Arsenal en 2010
- hotel a cargo de Aquagest para asistencia a este partido

Luis Menéndez Arbesú, ostentando o cargo de arquitecto técnico de Ribadeo, recibiu presuntamente:
- entradas para o partido de Champions League en Barcelona entre o Barcelona e o Arsenal. Importe da entrada: 520 euros
- hotel a cargo de Aquagest para a asistencia ao partidos

Paula Salgado Somoza, técnica de Augas e Recursos Hídricos do Concello de Ourense, recibiu presuntamente:
- invitación ao partido entre Real Madrid e Zaragoza

Bienvenido José Fernández García, técnico de Infraestruturas e Urbanismo de Ourense, recibiu presuntamente:
- dúas entradas para a zona VIP do Santiago Bernabeu para asistir ao partido entre o Real Madrid e Mallorca do 13 de maio de 2012

Luis M. Bermúdez de la Puente Villalba, ostentando o cargo de secretario xeral do Concello de Ourense, recibiu presuntamente:
- tres entradas para palco no Santiago Bernabeu, para asistir ao partido entre Real Madrid e Atlético de Madrid en novembro de 2012

Tomás Rivas Llavero, arquitecto municipal de Santiago, recibiu presuntamente:
- regalo especial da lista de regalos de Nadal de Aquagest no 2009

Javier Bobe Vázquez, xefe do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense, recibiu presuntamente:

- visita a Masella á planta de Triaje, Valorización Enerxética e Biometranización do RSU de Marsella entre os días 6 e 7 de outubro de 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario