martes, 13 de maio de 2014

Compromiso pide unha campaña de promoción do Conservatorio



Compromiso solicita no Concello de Ponteareas que se faga unha campaña de promoción do Conservatorio Municipal de Música Reveriano Soutullo, atopándonos no período de preinscrición da matrícula do centro, que chega ata o  23 de maio.

Ponteareas, berce da música clásica, non pode deixar esmorecer un centro da categoría deste Conservatorio, con gran prestixio pola profesionalidade dos seus mestres.
 
Para os galeguistas é fundamental que o goberno, faga o esforzo de difusión e promoción do centro, para garantir con éxito a matriculación dos alumnos no centro, e cubrir todas as prazas.

Compromiso insta o goberno do PP a anunciar o período de preinscrición na páxina web do concello, nos medios de comunicación, con xornadas de portas abertas, con cartelería e coa entrega de material informativo no resto de centros educativos do concello, organizando unha boa campaña de promoción do Conservatorio.

Ponteareas, 13 de maio de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario