mércores, 21 de maio de 2014

COMPROMISO PIDE A DIMISIÓN DE SALVADOR GONZÁLEZ SOLLA COMO ALCALDE DE PONTEAREAS POR PRESUNTO SUBORNO

Ponteareas, 21 maio 2014.- Un  informe de Vixiancia Aduaneira indica que Salvador González recibíu presuntamente un agasallo de Aquagest de entradas para fútbol, hotel e avión por valor de 2.383€.

Compromiso solicita a dimisión inmediata do alcalde de Ponteareas, por estar imputado e investigado, en diversos casos xudiciais, tales como delictos urbanísticos e contra o patrimonio. Tales como; a licenza da empresa Ecocelta, as obras do Adro  da Igrexa de Guillada e a licenza da súa vivenda, E pola súa presunta implicación na trama do Patos e do Pokemon.

Compromiso fai meses que denunciara presuntas irregularidades na contratación da concesión a AQUAGEST, que leva o servizo de xestión da auga dende os anos 90. No 1996, no goberno de Castro, sen previo concurso público, adxudícaselle tamén a xestión da depuradora municipal. Entre os 90 e a actualidade renóvaselle a concesión, tamén de forma directa. En vez de concursos amparábanse en supostas melloras para conseguir ampliacións de contrato sen concurso público.  No 2013, tamén sen concurso, adxudícaselle a ETAP, por un importe que supera os 130.000€, cando un técnico municipal valoraba o servizo en 92.000€. O concello omite dito informe e subcontrata un informe externo para poder inflar a concesión, repercutindo sobre as arcas municipais e sobre as dos cidadáns.

Compre sinalar que este técnico municipal, o único técnico con praza fixa no Concello, foi despedido do concello o pasado mes por non prestarse a facerlle informes a carta o Goberno do Partido Popular e a Belén Villar, concelleira de Facenda, a pesares de diferentes sentenzas xudiciais ao seu favor, manifestan os galeguistas.

Agora nos decatamos de por qué foron dados eses contratos a dedo por parte do goberno do PP,  desobedecendo informes municipais”, manifestan os galeguistas.


Paulo Carlos López , candidato de Compromiso ás Eleccións Europeas manifesta que unha persoa implicada nun caso de corrupción debe dar un paso atrás, e abandonar os seus cargos mentres a xustiza estea investigando e non resolva.. E no caso de ser culpable xa terían que deixar a política para sempre”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario