martes, 6 de maio de 2014

Compromiso solicita melloras na Avenida Castelao

Compromiso por Galicia, ante a demanda dos veciños e veciñas da zona, solicita melloras da Avd Castelao, de titularidade autonómica, porque fai tempo que non se fan labores de mantemento, e o firme está en moi mal estado, e a sinalización é precaria.



Os galeguistas presentaron unha iniciativa ante a Xunta de Galicia, para que melloren a seguridade nesta estrada, elevando o paso de peóns do cruce de Mondariz, por estar nun lugar moi transitados, entrada a unha área comercial e onde os coches entran a grande velocidade.



Tamén solicitaron o remate de varias beirarrúas, porque hai tramos a ambos lados, nos que a estrada carece das mesmas. E o arranxo das que están porque teñen baldosas soltas, rotas, buratos, etc.



Hai varias parcelas non edificadas, nas que non se cumpre a normativa de limpeza, e teñen unha maleza de metros de altura, que pode ocasionar perigo de incendio. Parcelas nas que no 2007 xa se producira un , por non estar limpas, polo que compromiso insta o goberno municipal, a cumprir a normativa da ordenanza de limpeza.




Os galeguistas critican o desleixo da Xunta e do goberno municipal, ambos do Partido Popular, por ter abandonado esta zona, tan poboada do concello, e moi transitada, por ser entrada e saída o pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario