venres, 2 de maio de 2014

Compromiso recomenda o pago fraccionado dos seus impostos e taxas municipais para facilitar o pago

Nunha situación de crise como a que estamos pasando, no que o paro en Ponteareas, supera o 30%, cabe buscar fórmulas para facilitar os cidadáns o pago dos seus impostos, dado que moitas familias pasan verdadeiros apuros para facer fronte aos mesmos, manifestan os galeguistas.

Segundo Compromiso, o goberno do Partido Popular no lugar de pensar nos veciños e veciñas do pobo, e de mellorar a súa calidade de vida, o único que fixo para sanear as contas municipais foi a suba de impostos, apoiados sempre polos dous grupos que sustentan o goberno, Partido Popular e ACiP. Coas políticas que veñen aplicando nos últimos 40 anos, e Solla en concreto os últimos dez anos, son sempre os cidadáns os que sofren os anos de goberno do PP en Ponteareas. E ante a falta de ideas, Belén Villar, concelleira de facenda,  quere sacar o concello da bancarrota a costa dos petos dos cidadáns.

O concello ten delegado no ORAL a xestión do cobro de diversos impostos(lixo, rodaxe, IBI), a cambio dun 10% da recaudación total, cando a mesma podería facerse sen ningún problema con medios propios, xa que para algo o Concello ten funcionarios de carreira nas áreas de tesourería, intervención e rendas.

Con todo, as administracións locais teñen mecanismos para facilitar o pago, que de seguro os cidadáns descoñecen porque non se publicitan. Os veciños poden solicitar o pago fraccionado de calquera dos seus impostos, se o importe é superior a 100€, cun mero trámite sinxelo, con só cubrir un impreso. Do mesmo xeito a comezos de ano a administración pode cuantificar o importe total de impostos que ten que abonar calquera veciño/a e pode facilitar un plan de pagos a oito meses sen recargo.

Por iso Compromiso quere informar aos cidadáns que si teñen dificultades para abonar os impostos, nas datas de pago obrigatorias, poden recorrer a un plan de pago, que non é máis que aglutinar todos os impostos anuais, e fraccionar os pagos ata en oitos meses. Este requisito debe levarse a cabo nas oficinas do ORAL, tamén có sinxelo cumprimento dun impreso, a principio de cada ano.

Nestes intres nos que están chegando a cobro o imposto de Rodaxe as casas, animar os cidadáns con dificultades económicas a que recorran o pago fraccionado, que é un dereito que teñen, e que case seguro descoñecían.


Compromiso, presentou unha iniciativa no concello esixindo ao goberno do PP que publique un bando no que informe os veciños e veciñas sobre a posibilite de fraccionar os pagos do ORAL. Veciños  eveciñas que ven deterioradas as súas condicións de vida polas, políticas de recortes efectuadas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España dirixidas polo Partido Popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario