xoves, 24 de abril de 2014

Compromiso por Galicia pide explicacións pola situación da parcela de Granitos de Galicia

A parcela sobre a que desenvolveu a súa actividade ata hai dous anos, dende 1958, Granitos de Galicia e Aceros del Tea, foi cedida polo Concello de Ponteareas ao titular de dita empresa a mediados do século pasado, co fin de xenerar emprego e crear riqueza industrial nunha vila de importancia comarcal. “Durante todos estes anos, máis de cincoenta, a empresa desenvolveu a súa actividade ao abeiro do decreto 2414/1961m de 30 de novembro, RAMINP, a pesar de que co tempo, e co paulatino crecemento da vila, a empresa quedou inntegrada dentro do casco urbano de Ponteareas”, sinalan os galeguistas.

Durante os últimos quince anos, todos os gobernos municipais intentaron sen éxito chegar a un acordo coa empresa, para que se trasladara a un polígono industrial. Pero a incapacidade dos sucesivos gobernos de aprobar un plan de ordenación municipal só fixo que se asinaran diversos convenios, no que os únicos beneficiarios, a día de hoxe son os donos da antiga empresa, porque a actividade xa cesou fai anos, aseguran Compromiso.


Os galeguistas solicitan unha modificación do PXOM evitando a especulación sobre unha parcela cuxa titulariedade podería ser municipal.

Os galeguistas informan que, a actividade cesou foi dous anos, polo que o convenio é ilóxico, porque xa non hai que trasladar ningunha empresa, e xa non estamos a falar de compensar un chan industrial. A proposta no PXOM aprobada inicialmente, cós votos a favor de PP, PSOE , ACIP e có beneplácito do BNG, contempla unha edificabilidade que triplica a das parcelas do entorno, permitindo sete alturas e a explotación do subsolo coa construción e dun parking privado para uso público, permitindo un “Pelotazo Urbanístico”.

Dende Compromiso por Galicia manteñen serias dúbidas sobre a titularidade dos terreos, podendo ser propiedade municipal, xa que non teñen constancia máis que da cesión do terreo, e non a venda dos mesmos aos titulares de Granitos de Galicia.

Compromiso por Galicia, solicita o goberno do PP, a secretaria Municipal e o Arquiveiro, que revisen o expediente de cesión de dita parcela a Granitos de Galicia e que aclaren de quén é a titularidade nestes intres, o cesar o fin para o que foi cedido.


Os galeguistas tamén esixen que se anule a licenza da empresa, tal e como contempla a lei cando cesa unha actividade, porque no lugar xa non quedan máis que cascallos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario