martes, 22 de abril de 2014

O PP ten abandonada e en estado ruinoso a rúa Redondela

Compromiso por Galicia alerta do estado calamitoso no que se atopa a Rúa Redondela, nun estado de total abandono, sen ningún tipo de mantemento dende hai anos.





O goberno do Partido Popular, e en particular o concelleiro de vías e obras, Manuel Alberto Novoa e o concelleiro de servizos comúns, Jesús Manuel Cao, nun desleixo das súas funcións que resulta alarmante, manteñen a Rúa Redondela como se foran os suburbios do pobo.  Non hai que prestar moita atención para atopar a rúa có firme da estrada todo cheo de fochancas, os pasos de peóns borrados, as beirarrúas rotas. A porcallada inunda a totalidade da rúa. O estado xeral da rúa e a de ausencia total de baldeo durante os últimos meses, unha sospeitosa falta de varrido diario, e o abandono do mantemento das infraestruturas viarias en xeral.

Pero se isto non fora de abondo, as fincas que non están construídas están cheas de maleza de metros de altura, atópanse cheas de lixo, e os muros que as rodean con perigo de derrubo, o que podería ter consecuencias moi graves se caeran sobre algunha persoa ou vehículo, informan os galeguistas.

O incumprimento das ordenanzas municipais, en concreto da ordenanza municipal de limpeza viaria e recollida de residuos, así como a ordenanza de mantemento de solares edificables, sorprende nunha rúa que se atopa a vinte metros da sede da Policía Local.



Compromiso, presentou unha iniciativa no concello esixindo ao goberno do PP que arranxen esta situación canto antes. Aproveita tamén para lémbralle que non hai veciños e veciñas de primeira e de segunda, que todos os recunchos do concello teñen que estar nas mesmas condicións, porque todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos e obrigas. Non chega con "poñer bonitas" as rúas de acceso e polas que se realizan os tapices florais. O pobo ten que estar coidado sempre, e non facer un pequeno lavado de cara só para o Corpus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario