sábado, 2 de agosto de 2014

Compromiso denuncia que o PP intenta consolidar aos empregados municipais cunha oferta prescrita

A oferta do ano 2010 caducou no 2013 tal e como din os informes municipais

Fai aproximadamente un mes, a concelleira de persoal do PP, Belen Villar, convocou aos representantes sindicais para informar sobre o proceso de consolidación iniciado no ano 2008 e que se incluíu na oferta pública de emprego do ano 2010, aprobada cos orzamentos dese ano. Orzamentos que se encontran prorrogados dende aquela.

Os galeguistas afirman que dita oferta está caducada. Tal e como sinala o artigo 70º da Lei 7/2007, de 12 de abril, do, Estatuto Básico do Empregado Público dispón que o prazo máximo para a execución das Ofertas Pública de Emprego é de tres anos.

“Cabe destacar  que existen dous informes internos deste mesmo ano, asinados pola Secretaria Municipal e polo responsable do Departamento de Laboral nos que tamén indican que está caducado”, informa Compromiso

Para os galeguistas é indignante que pretenden consolidar como persoal laboral fixo a empregados incluidos na sentenza de inhabilitación de José Castro.

Compromiso ven de presentar no rexistro do concello varios escritos para o Ministerio de Administracións Públicas, Secretaria Municipal e o Alcalde , a efectos de que se paralice este proceso de consolidación, por estar caducado o expediente.

Ponteareas, 1 de agosto 2014


Ningún comentario:

Publicar un comentario