martes, 25 de marzo de 2014

Un plan que hipoteca o futuro de Ponteareas

Os criterios que hai que ter en conta no momento de acometer un planeamento urbanístico deben ser, avaliar cál é a pegada da vila e os núcleos rurais existentes, a expectativa de crecemento poboacional, a capacidade de carga do territorio no que se asenta a casco urbano e nos núcleos rurais que se estudan. Tamén temos que ter enconta, as posibilidades de reutilización de chan urbano xa tocados, fronte as expectativas de poñer en carga chans virxes, sobre todo cando se fala de chans de alto valor natural, soportes de territorio de alta biodiversidade. Ademais de prever cómo e con qué recursos económicos se vai a xestionar.

As directrices europeas, a lexislación estatal e autonómica en materia de urbanismo e protección do medio natural, apostan por un planeamento sostible no que prime un modelo de urbanización compacto e variado. Evitando no posible o consumo suplementario de chan para usos urbanísticos e así contribuír á conservación da estrutura de espazos naturais e agrarios preexistentes, posto que, o chan é un recurso limitado, mellorando así a calidade de vida dos cidadáns. Se tratan, en definitiva de combinar o espazo tal cal é coas necesidades de ocupación que precisa a sociedade que desenvolve a súa vida nese territorio.

Chama á atención que o goberno do PP, có apoio do PSOE, ACIP e o autismo do BNG, aproben un plan que prevé un crecemento poboacional ficticio, que non se apoia en ningunha previsión real de crecemento, como se pode constatar con unha lectura dos datos públicos que ofrece periodicamente o INE e o IGE, en base a poder realizar unhas reservas de chan cunha capacidade edificatoria que contribúe a expandir sen criterio e xustificación a mancha dun pobo xa de por si “fodido”. A pregunta é, ¿a quén beneficia? e ¿qué lexislación o ampara?, o PXOM non se xustifica.

Qué plan Xeral queremos aprobar?. Un documento que no estudio de medio rural e urbano do PXOM deixe atrás a maior parte do noso patrimonio sen catalogar e con elo sen protexer; muíños, cruceiros, casas señoriais, petos de ánimas, o túnel do tranvía, microtoponimia, e un longo etcétera. E ¿con qué fin?, o de non ter problemas para demoler e continuar coa especulación inmobiliaria, e seguir coa tradición urbanística, caótica e desordenada.

O que non aparece, do que non hai testemuña ou catalogación, urbanísticamente non existe. Por iso. a decisión de quen dirixe o Plan de non acometer un estudio serio e rigoroso do noso patrimonio para preservalo.

E incríbel a proposta de destruír o espazo protexido do Uma, espazo de altos valores naturais e paisaxísticos, cunha vía de alta capacidade. Unha estrada que segundo se desprende da lectura do PXOM, non soluciona ningún problema de mobilidade, xa que estes se dan no outro extremo de Ponteareas, na entrada pola N-120 dende Vigo (eixo Atlántico).

Chama a atención como unha gran parte de edificios do casco urbano se deixan en situación de “fora de ordenación”, “salvo honrosas excepcións”, despois de permitir a súa construción e venta, o mesmo partido que no seu día amparou que se construíran non axustándose a licenza moitos deles.


Esta decisión deixa  nunha situación de total indefensión os propietarios de ditas vivendas; con perda de valor catastral, problemas (nas hipotecas, para vendelos, para arranxalos), entre outras cuestións. Quen debe preservar a defensa do común, que non é outro que o goberno deixa en situación de indefensión aos que decidiron mercar unha vivenda cos seus aforros.


Primeiro permítese unha especulación voraz, para despois, ilegalizar sibílamente o antes permitido.

Estamos falando dun plan feito sen pes nin cabeza, que impide que a maior parte dos baixos comerciais existentes podan volver a desenvolver ditas actividades no caso de venda ou de mudar a súa titularidade, porque non se cumpren as alturas mínimas que marca o PXOM de máis de 3m. Non se entende que as normas sexas retroactivas.

Todo este documento se basea en datos irreais ou erróneos, non solo no que atinxe a poboación, senón que tamén no plano económico. Así, prevé un crecemento en base a uns servizos que carecen de partida orzamentaria, o que fai del un plan inviable, que xera unhas expectativas falsas.

Un Plan de Ordenación Municipal é o documento máis importante para un concello, para que a vila prospere. Pero de aprobarse este PXOM, Ponteareas vería hipotecado o seu futuro por 12 anos ou de por vida, porque poderían destruír moitos dos  seus recursos.


A pesares que consideramos que é moi necesario dotar o concello dun Plan Xeral, este non se pode aprobar a calquera prezo.


Sandra Arauxo Carballido

Artigo publicado no blog Política Ahora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario