martes, 3 de febreiro de 2015

Araúxo preocupada polos datos do paro en Ponteareas que superan as 3000 persoas

Os galeguistas tachan de alarmantes os datos do paro na localidade, que só no último mes ascendeu en 56 persoas acadando as 3008 desempregados

Arauxo entende que “logo de varios anos de austeridade de Feijóo e de reformas laborais, estamos vendo como esta política só crea traballos temporais e precarios, e destrúe o resto”.  A galeguista cre que “se pon en evidencia a desastrosa xestión do goberno Feijóo diante do principal problema que teñen os galegos/as, e tamén para os ponteareáns”, xa que dende que Alberto Núñez Feijóo goberna uns 50.000 galegos e galegas pasaron a estar rexistrados nas listas do paro, e “os datos en Ponteareas non son moito máis alentadores”.

Compromiso por Galicia aposta en Ponteareas por unhas políticas activas de emprego centradas “nas axudas ao pequeno comercio e pequenas empresas, que a día de hoxe está afogado e sen ningún tipo de axudas por parte do Concello”.

Dentro das medidas que pensan implantar os galeguistas a partir de maio é potenciar o CDL (centro desenvolvemento local) para crear un verdadeiro servizo municipal de emprego, onde os emprendedores podan contar có asesoramento adecuado para sacar adiante as súas iniciativas, onde se organicen cursos de formación adecuados a realidade local, entre outras cuestións.

Tamén crearemos un portal web, onde as empresas podan publicitar as súas ofertas de emprego e os parados teñan un servizo real, que o INEM non ofrece, manifesta Araúxo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario