mércores, 3 de decembro de 2014

Compromiso ; Solla volve a mentir có PXOM

Compromiso por Galicia non cree a palabra de Solla, e pensan que o goberno do PP non vai aprobar o PXOM neste mandato.

“Salvador González Solla, con respecto a aprobación do Plan Xeral. Xa é hora de que mude de retrouso porque ten aburrido os veciños e veciñas. Cada dous meses conta a mesma cantinela, que o PXOM se aprobará en breve", ironizan os galeguistas. 

Compromiso; "as promesas de Solla non teñen validez, porque incumpre día tras día a súa palabra. leva dez anos na alcaldía e aínda non conseguiu sacar adiante o PXOM, porque non está capacitado para gobernar un concello”.

Os galeguistas tamén pensan que o mellor que lle pode pasar a Ponteareas, polo ben do pobo, e do seu progreso, é que non se aprobe nese mandato, porque os erros, eivas e barbaries que se aprobaron inicialmente dentro do PXOM de Ponteareas non se arranxan con alegacións, porque os erros que hai qué emendar no documento xa veñen da base do propio documento cando parte de cálculos erróneos na poboación, o que deriva nunha suposta necesidade de vivenda de nova creación. Partindo de datos non reais nin realistas créanse unha expectativas falsas coa única intención e incrementar a superficie urbana e con isto pasar o peto dos impostos e que os veciños apanden cos despilfarros dos seus dez anos de desgoberno.

Grazas a proposta de compromiso sobre o IBI urbano, a intención de sanear as contas municipais a costa dos veciños e veciñas, xa non lle será posible, porque vaise mudar a lei do Catastro.  As parcelas urbanas sen edificar pagarán como rústicas.

Outra cuestión que lle sorprende os galeguistas, é que cando todos os datos publicados polos diferentes institutos estatísticos falan dun envellecemento e perda de poboación para o 95% dos concellos galegos, entre eles Ponteareas, resulta difícil de entender que intenten levar adiante un Plan que contempla un crecemento nos próximos dez anos de 11.000 persoas, cando para a Provincia de Pontevedra, nese mesmo período de tempos se contempla unha perda de 35.000 habitantes.

Solla asegura que só falta informe de patrimonio, os mesmos argumentos que empregou fai dous meses e que todas as alegacións están resoltas, cando os afectados e afectadas non teñen ningún tipo de comunicación”,manifestan os galeguistas.
O PP pretende volver a enganar aos propietarios , porque o PXOM deixa fora centos de vivendas fora de ordenación,  nunha situación de indefensión total e de perda de valor catastral. A maior parte dos edificios do casco urbano quedan fora de ordenación, “salvo honrosas excepcións”, de maneira aleatoria e discriminatoria, dependendo de quen sexa o seu propietario, vulnerando o principio de equidistribución. Situación que non resolve no período de alegacións, se non que se agrava.


 “Non podemos hipotecar o futuro do concello, no que só saen beneficiados uns poucos, os de sempre” , manifesta Compromiso

Ningún comentario:

Publicar un comentario