mércores, 17 de decembro de 2014

Compromiso solicita medidas disciplinares para os directivos Conservatorio

Os galeguistas manifestan que o goberno deu a calada por resposta ante a denuncia de Compromiso sobre os presuntos cobros irregulares.

O Conservatorio Municipal leva organizando durante anos cursos extraescolares, impartidos por prestixiosos músicos do panorama Estatal. Antes de que  Belén Villar collera as responsabilidades das áreas de  Facenda e Persoal, a matricula de inscrición os mesmos se ingresaba nunha conta municipal, tal e como mostran as bases que achegan os galeguistas e tal e como manifesta o fiscal na súa acta.

A partires do ano 2011, coa entrada no goberno de Solla, de Belén Villar, os diversos cursos organizados polo conservatorio comezaron a cobrarse aos alumnos presuntamente de maneira irregular. Os  ingresos da matrícula se fixeron nunha conta bancaria presuntamente allea o concello, probas que presentou Compromiso ante a fiscalía, e que agora o fiscal da como probadas.

CxG pediu un expediente disciplinar contra os directivos do Conservatorio, logo de que o fiscal certificase que quedan probadas ditas irregularidades, e o goberno da a calada por resposta, encubrindo ditos feitos.

Novamente, nos atopamos cun presunto cobro irregular no concello de Ponteareas, e novamente o presunto responsable do cobro, ten relación có Partido Popular, dado que,  o director do centro neses intres, era candidato na listas das municipais do PP de Gondomar”, aseguran os galeguistas.


A día de hoxe o concello non tomou ningún tipo de medida, para depurar responsabilidades, o que fai sospeitar, de que o goberno pretende agochar e encubrir os implicados, neste asunto tan grave, alerta CxG.

Ponteareas, 16 de decembro de 2014



Ningún comentario:

Publicar un comentario