martes, 30 de xuño de 2015

Compromiso por Galicia considera innecesaria a contratación dun Técnico Superior en Administración

Contratar un técnico superior e pedir experiencia de adminsitrativo ou auxiliar administrativo xenera sospeitas de “pucherazo ou contratación dixital”

Compromiso por Galicia, por medio da súa portavoz Sandra Araúxo, ante a fanfarria do gobernó local á hora de facer pública a contratación dun  Técnico Superior en Administración para a xestión dun curso no Centro de Desenvolvemento Local quere sinalar que é “totalmente innecesario para as tarefas que se lle teñen encomendadas na O.P.E.”. Os galeguistas entenden que un C.D.L. que conta cun Director con máis de vinte anos de experiencia xestionando cursos de formación continua, un administrativo e dous axentes de desenvolvemento local son suficientes para facer as labores administrativas do curso que se limitan á burocracia administrativa (S20, altas, baixas, partes de asistencia e control das facturas relacionadas co curso…).

Outra cousa sería a contratación mediante una O.P.E. de un Técnico Superior en administración Local para o reforzó das áreas de Secretaría, Tesoureiría ou Intervención onde non existen funcionarios de grupos superiores independentes e profesionais, e administrativos e auxiliares vense obrigados a facer traballos de superior categoría sin percibir ningún tipo de retribución a maiores, sinalan os galeguistas.

Amáis, resulta cando menos sorprendente que se convoque una praza de Técnico Superior e que a experiencia que se require aos aspirantes sexa a de administrativo ou auxiliar administrativo, co que se demostra que as tarefas que realizará o traballador son as de papeleo administrativo e non as propias dun técnico superior.


Dende Compromiso por Galicia queremos advertir ao goberno local que a convocatoria desta praza e con esa experiencia esixida é susceptible de que sexa denunciada polo administrativo despedido o 8 de abril de 2014, cando cos votos favorables de PP, ACiP e o apoio tácito do PSdG, cuxa portavoz era Dona María Jesús Garrote, hoxe perimeira tenente de alcalde, acordaron a supresión dunha praza de administrativo. Esta convocatoria  dunha praza na que se esixe a mesma experiencia laboral que consideraron prescindible hai pouco máis dun ano supón una fraude de lei que os galeguistas porán en coñecemento do traballador e dos seus abogados para que actúen en consecuencia, sinalou Sandra Araúxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario