martes, 9 de xuño de 2015

O desemprego en Ponteareas e a política de posado de María Soledad Valado

Alá polo mes de xullo do ano 2011, cando comezou a última lexislatura local en Ponteareas danse dous feitos importantes que marcarán a lexislatura: o nomeamento de María Soledad Valado como concelleira de Emprego en Ponteareas e o Servizo Público de Emprego sinala que en Ponteareas, xa pasto da crudeza da crise económica, tiña 2.621 desempregados. Algo decía que a cousa non podía ir cara a peor, dado que a lexislatura 2007/2011 comezou cun total de desempregados na vila de 1.364 veciños, e que unha nefasta xestión de González Solla fora quen de duplicala en so catro anos. 
Ata ese momento a culpa era de ZP e dun goberno socialista incapaz de ver a crise, e de recoñecer a súa propia existencia. O ano 2011 segundo o Partido Popular sería o da "xente normal" cun goberno formado polos mellores.
E dentro dos mellores, a nivel local, venderon a Belén Villar, responsable da parcela económica, e a María Soledad Valado, responsable da parcela de emprego e promoción económica municipal, incluído o Centro de Desenvolvemento Local.
Catro anos despois, miles de fotografías na prensa, centos de notas de prensa que falaban dos seus logros e andainas entre mercados, crear unha asociación de comerciantes afín, usar a oficiña de consumo como oficiña de propagandaconsumidores, cursos de formación repetitivos e sin aportar saídas profesionais aos veciños, centos de miles de euros en inversión por parte da Deputación e da Xunta de Galicia e si, ao final conseguíu incrementar o número de desempregados, cousa que semellaba imposible. 
En maio de 2015, mes no que os veciños califican ao goberno, Ponteareas ten 2.794 desempregados, un 5% máis que cando Valado foi nomeada Concelleira. E iso que Ponteareas pasa de ter casi 25.000 habitantes a pouco máis de 23.000. Diminuíndo a poboación activa polo "espíritu viaxeiro" e "interese en coñecer mundo" da xente, o desemprego increméntase nun alarmante 5%. E iso que a lexislatura non rematou cinco meses antes, porque o desemprego a finais de 2014 superaba os 3.050 desempregados.
Pero ao marxe da frialdade do dato compre sinalar que no último informe do SEPE pon negro sobre branco o tipo de contrato ao que se ven abocados os veciños da vila. Dos 325 contratos asinados 289 foron temporais e so 15 contratos deveniron en indefinidos.
E para non ser menos, Valado nos deixa cunha traca final. Ten a desvergoña de anunciar que Ponteareas contará gracias á súa xestión cun segundo Orientador Laboral en Ponteareas. Seguramente de ter feito unha xestión axeitada incluso Ponteareas non precisaría nin o primeiro. O feito de que a Xunta conceda un segundo orientador pode ser por dous motivos: ou hai moito desempregado ao que orientar ou queren enchufar a algún coñecido para venda de favores.

Agora, incluso algún concelleiro popular chora polas esquiñas decindo que ten que buscar traballo. Pois nada, iso non é o máis duro, o peor é que incluso terán que pagar do seu peto o teléfono móbil, que levan usando con cargo ao concello dende tempo inmemorial. Que visiten a González Solla na oficiña o INEM na que Feijóo regaloulle un posto de traballo e que lle pidan recomendacións.A ver si fora da alcaldía é quen de "colocar" a tanta xente como fixo con cargo a Plans de Acción Municipal e similares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario