martes, 2 de xuño de 2015

Compromiso apoia as demandas dos traballadores de FCC

Compromiso por Galicia en Ponteareas quere manifestar o seu apoio á folga convocada polos traballadores e traballadoras de FCC ao entender que as súas revindicacións axústanse a dereito nas súas peticións.

Unha vez máis os traballadores mobilízanse ante o que é o resultado das políticas neoliberais do PSOE e PP en materia dos dereitos laborais. As reformas laborais aprobadas na UE e aplicadas nos sucesivos gobernos do PSOE e PP deixan  en evidencia as políticas de corte neoliberal que serviron para empobrecer aos traballadores e traballadoras, neste caso os traballadores de FCC mediante un goberno do PP e ACiP cando no ano 2006 outorgaron unha concesión de 16 anos á empresa FCC.

Compromiso por Galicia de Ponteareas quere lembrarlle ao Alcalde que mentres el cobrou un salario de preto 50.000 euros anuais, el e o seu partido fixeron posible que en Ponteareas se puxesen de moda salarios míseros de menos de 700 euros, con xornadas laborais de luns a domingo, Esta é a verdadeira cara da política laboral e social do Partido Popular e de Salvador González Solla.

Para os galeguistas a solución pasa por rescatar e remunicipalizar os servizos públicos e asumir os traballadores e traballadoras como propios do concello enmarcados nun novo convenio colectivo no que ningún traballador perciba unha remuneración inferior aos 1200€/mes, proposta que presentamos no noso programa municipal.

Compromiso tamén quere que os cidadáns fagan memoria, así como, que os traballadores/as e vexan quen foi o responsable de meterlle nas mans o servizo de limpeza a FCC en Ponteareas, que foi entre outros o BNG cando apoiou esta concesión millonarias..
Agora toca esperar si o PP é quen de asumir as peticións dos traballadores en folga ou si lle pasa a pelota o tellado do novo goberno, BNG+PSOE.... que recolle os “seus propios logros de agasallar á empresa das irmáns Koplovitz un servizo tan básico como era o da recollida do lixo e a limpeza viaria. Tamén toca ver o papel de EUSon e Riada do Tea e si cumpren coas propostas que imprimiron nos seus papeis, ou simplemente eran un brindes ao sol.

A todo isto, compre lembrar que hai dous anos a concelleira de facenda saíu nos medios sinalando a apertura dun expediente a FCC, baseado nos informes dun técnico municipal, e avalado por unha auditoría externa, dicindo que FCC incumpría o contrato, deixando de prestar servizos por un importe estima do de 400.000 euros anuais, o que supón que nos nove anos que leva de contrato leva “sisando” aos veciños e veciñas a píngüe cantidade de 3,3 millóns de euros.

Compromiso quere aproveitar para denunciar que os servizos mínimos son abusivos, e apoiará as mobilizacións dende o sitio que lle corresponda, pedindo publicamente aos cidadáns apoio e comprensión , lembrándolles que serán so uns días a resistencia do último resquizo do goberno do PP, xa que dan por feito que o novo goberno resolverá esta situación.

Compromiso por Galicia de Ponteareas quere tamén lembrarlle á empresa FCC que o dereito á folga está recollido nos E.T e na propia Constitución Española e invita tamén ao Alcalde a buscar unha saída negociada onde os traballadores poidan recuperar os dereitos laborais, non so os salariais, se non  tamén sociais.


O membros de Compromiso serán un piquete informativo a favor das revindicacións laborais, na procura dunha pronta solución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario