domingo, 31 de maio de 2015

Vimos para quedarnos

5494 ponteareáns decidiron outorgar ás forzas progresistas unha mayoría suficiente para afrontar unha lexislatura estable e de cambio no Concello. Dende Compromiso por Galicia/Concellos Transparentes de Ponteareas, queremos publicamente felicitar aos grupos que acadaron representación, especialmente ao grupo de forzas progresistas que terán que tomar as riendas do Concello, BNG/AA, PSdG-PSOE, RdT e EUSon.

Agradecer os 292 votantes da nosa Candidatura e transmitir publicamente que a pesar de non acadar representación no Concello vimos para quedarnos

Estas eleccións, as primeiras municipais ás que nos presentamos, serviron non so para dar a coñecer a Compromiso por Galicia, senón que moitos vecinos e veciñas se achegaron a nos e agora temos unha base social de simpatizantes máis sólida e forte. En datas vindeiras reorganizarémonos e seguiremos a facer a mesma laboura de oposición e de control que si tivésemos representación. VIMOS PARA QUEDARNOS.

Nun análise máis polo miudo, como nota negativa, decir que se producíu unha baixa na participación, xa que o 63% de voto contabilizado estivo cinco puntos por debaixo dos datos de 2011, o que demostra a desafección política xa que coa que está a caer non se producíu un incremento da participación. Para Compromiso iso é preocupante, así comoo incremento ata o 2,71% de votos nulos e o 1,88% de brancos. 

Seguimos a votar de menos un debate público, a pesar de que convocamos a todos os grupos políticos na Praza Maior o día 22 de maio, debate ao que so se presentou o candidato de EUSon, feito que queremos agradecer.

Estamos contentos pola campaña realizada e estamos en disposición de continuar o traballo que comezamos no ano 2013 por Ponteareas desde o lugar que ocupamos a pesar de non acadar representación. E lanzamos as nosas primeiras propostas á nova corporación:


Que permitan a participación e presenza pública nas reunións da Xunta de Goberno Local, para o que terían que facerse fora de horario laboral para a cidadanía.

Que se preparen para o curso 2015-16 comedores públicos con cociñas propias nos centros de ensino de Ponteareas, rexeitando a figura do cattering.

Incremento das axudas sociais aos desfavorecidos e perxudicados pola crise económica.

Cumprimento da legalidade en materia de persoal no Concello de Ponteareas, rematando coa revisión de nulidade iniciada no Concello no ano 2009, impedido a presenza de traballadores sen cualificación profesional e reubicando aos traballadores nas prazas para os que foron contratados.



Un saúdo, un compromiso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario