xoves, 28 de maio de 2015

Solla é o responsable dos lumes forestais que xa comezaron en Ponteareas este ano 2015

A súa xestión pode considerarse como medioambientalmente nefasta.

Dende hai dous anos o responsable da área de medio ambiente do Cocnello de Ponteareas dedicou o seu tempo ao desmantelamento da concellería que dirixe mediante o despedimento de traballadores e peches de departamento, abandoando á súa sorte ás obrigas propias do Concello, como son o cumprimento da Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia.

A lei obriga a que dende o Concello se cumpran as medidas correctoras que establece adita lei en canto á xestión da vexetación que rodea a núcleos de poboación e vivendas ailladas. Sen embargo, o Concello decidíu no mes de decembro de 2013 pechar o departamento de medio ambiente e despedir a varios peóns xardiñeiros, ademáis de manter un GRUMIR formado por chóferes e conserxes, en lugar de promover o acceso á función pública de persoal especializado na xestión e loita contra o lume, sinalan os galeguistas.

Durante todo o ano 2014 e no que levamos de 2015 non se fixeron traballos de inspección, mantemento e prevención para a xestión da biomasa e da vexetación de alto porte arredor das vivendas e núcleos e agora podémonos atopar nun verán calamitoso nese aspecto a pouco que se manteñan as altas temperaturas. "Non levamos máis que dúas semanas de bo tempo e altas temperaturas e en Ponteareas xa se produciron varios incendios forestais, entre eles o que no día de onte chegou preto de moitas vivendas de Padróns que tiveron que ser desaloxadas", sinala Sandra Araúxo.

Dende Compromiso por Galicia queremos denunciar que o Sr. Solla é o único responsable dos lumes que lamentablemente aparecerán este verán nas parroquias de Ponteareas, pola súa actuación irresponsable e dunha incompetencia supina.


Agardamos que o novo goberno que se conformará a partires do vindeiro 13 de xuño comece os traballos para recomponer á área de medio ambiente do Concello, que entendemos se trata dun servizo básico para a cidadanía e que comece os traballos para a determinación de “zonas alto risco de incendio” e redacte un Plan de Xestión e Ordenación de Prevención de Incendios Forestais para Ponteareas, ademáis de dotar dos recursos necesarios para que ditos traballos podan ser levados adiante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario