venres, 8 de maio de 2015

Compromiso reta a todos os partidos a que fagan públicos as contas de campaña

Compromiso por Ponteareas fixo público na web do partido as súas contas, un orzamento de campaña austero, de mínimos.

O partido galeguista defende a transparencia e critica as prácticas de finanzamento de outros partidos, e o oscurantismo nas súas contas.

No día de comezo de campaña os veciños e veciñas xa poden observar o despilfarro de algúns partidos nestes comicios, con bandeirolas, paneis , vallas publicitarias, furgonetas rotuladas, todos con  locais alugados para o partido, mailing as vivendas de cartas a color, etc, informan os galeguistas.

Compromiso cree que os cidadáns teñen dereito a saber con qué fondos conta cada partido e cómo se financian., xa que calquera doazón que se fai a un partido se debe facer có seu pertinente recibo e dar conta ante o tribunal de contas.

Segundo os galeguistas, é sorprendente que partidos de ámbito local, tales como ACIP, conten con tantos cartos para facer semellante campaña, polo que lles piden que publiquen as contas antes das eleccións.

Compromiso gasta pouco máis de 22.000 repartidos por todos os concellos de Galicia, tal e como poden cotexar os cidadáns na súa web, e que se se financia coas cotas e doazóns dos afiliados e afiliadas do partido por toda Galicia. E en Ponteareas a campaña que deseñaron os galeguistas está chea de imaxinación e reciclaxe, facendo moito do material a man grazas o capital humano có que conta a formación.


Compromiso reta o Alcalde en funcións a dar explicacións de por que non se tramitaron expedientes informativos a todos aqueles partidos que contan cunha sede sen licenza municipal, a non ser que o PP tamén sexa outro dos que estean ilegais..

Ningún comentario:

Publicar un comentario