mércores, 20 de maio de 2015

Compromiso celebrou no dia de onte un acto público no que presentou as súas propostas de goberno para o concello de Ponteareas.

David Soto , membro da candidatura, na sua intervención comentou a importancia de apoiar o vindeiro 24 de maio a esta forza galeguista, porque é a única que aposta por uns orzamentos participativos, contas municipais transparentes, colgadas na páxina web, xuntas de goberno públicas nas que os veciños e veciñas sexan partícipes do que alí se decide, en todo tipo de cuestións.

Xose Henrique G.Lago, número dous da lista, fixo un balance dos dous anos de  traballo de Compromiso anteriores a estes comicios.  “Fomos quén de liderar a oposición sen ter aínda representación , destapando os chanchullos dos cobros irregulares das terrazas por parte dun exsecretario de ACIP, os cobros irregulares de cursos do Conservatorio, por parte de directivos vinculados ao PP, modificación da lei do Catastro para parcelas urbanas non urbanizadas, alegacións ao PXOM, defensa do patrimonio, medioambiente, dos sectores sociais, entre outras cuestións”, manifestou González Lago.




E a Candidata Sandra Araúxo, plasmou na súa intervención unha serie de medidas que tomarán coa súa entrado no concello; “axudas aos máis necesitados cuns servizos sociais pensados para a xente, iniciativas para a creación de emprego, municipalización dos servizos, tales como o  da auga e da recollida de lixo, axudas ao pequeno comercio, dinamización da vida cultural e turística como potencial económico do noso concello, entre outras cuestións.

Araúxo manifestou que “Ponteareas ten futuro, a pesares do endebedamento do concello, non todo se fai con cartos, se non que hai que ter claro que modelo de vila se quere. Con boas ideas e bos proxectos se pode sacar a Ponteareas da situación de parálise na que se atopa e pola no lugar que se merece”

Dado que os veciños e veciñas teñen dereito a coñecer de primeira man o que defende cada partido nestes comicios, Compromiso retou aos seis partidos que se presentan a estas eleccións a un debate público na Praza Maior, o vindeiro venres 22,ás 20h. Os galeguistas enviaron un convite aos seis, e espera que acudan por respecto aos cidadáns e non poñan escusas de xente covarde.


Ningún comentario:

Publicar un comentario