martes, 23 de setembro de 2014

Compromiso denuncia ante o valedor do pobo a falta de transparencia do goberno do PP

O Goberno do PP pretende calar a voz de Compromiso por Galicia, empregando trapalladas, e desta maneira continuar có proceso de consolidación de postos de traballo

Compromiso por Galicia presentara escrito no rexistro municipal hai uns días no que urxía a nulidade do proceso de consolidación de postos de traballo no concello de Ponteareas, porque o proceso está caducado.

Coa intención de entorpecer a labor deste grupo político, o goberno do PP con Salvador González Solla a súa cabeza, socilitan á representante do partido, Sandra Araúxo, que se acredite como membro de Compromiso e como persoa implicada no proceso. Este feito resulta cando menos bochornoso por canto tratan á exconcelleira galeguista como unha descoñecida para o goberno, cando formou catro anos parte da corporación municipal presidida polo alcalde actual.

Fai meses facíase público un informe do grupo Cidadanía e Comunicación (CIDACOM) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Laboratori de Periodisme i Comunicació per a la Ciutadania Plural daUniversitat Autónoma de Barcelona, sobre información e transparencia nas webs dos concellos de Galicia con máis de 20.000 habitantes dentro do proxecto Infoparticip@, no que  traballan tamén as universidades de Girona, La Laguna, Málaga, Politécnica de Cataluña ou Rey Juan Carlos.

E neste informe a  bandeira en falta de transparencia en concellos de máis de 20.000  aparece Ponteareas xunto con Lalín, incumprindo a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública. Este feito é un dos grandes logros do Sr. González Solla nos seus xa dez anos na alcaldía: arruinar definitivamente ao Concello e estar á cabeza dos concellos máis opacos da administración en España.

Agora, por se isto non fora pouco, pretende calar a voz de Compromiso empregando artimañas supostamente legais, para arquivar a solicitude dos galeguistas e continuar coa consolidación dos postos de traballo, sen que haxa un proceso legal, no que todos os cidadáns podan optar a un posto de traballo público en igualdade de condicións.

E sobre todo, cando trata de dar prioridade na consolidación aos traballadores afectados pola sentenza de inhabilitación de José Castro tal e como denunciou Compromiso, non rematando o proceso de reposición da legalidade dos contratos nulos de pleno dereito que el mesmo iniciou no ano 2008.


Compromiso denuncia ante o valedor do pobo esta situación, para que tome as medidas oportunas .

Ponteareas, 23 setembro 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario