luns, 22 de setembro de 2014

O goberno do PP pretende triquiñuelas legais para non declarar nulos os contratos dos "enchufados"

O goberno municipal ven de dar claras mostras de non ten pensado resolver o expediente aberto para a declaración de nulidade dos contratos dos traballadores contratados nos anos de José Castro, popularmente coñecidos como "os enchufados", ao respostar ao escrito presentado por Compromiso por Galicia de Ponteareas en pasadas datas.


A intención do goberno, usando todo tipo de artimañas, estrataxemas e laberintos legais, é a de consolidalos nun proceso extraordinario para despois alegar que non se pode resolver xa que os traballadores son fixos de plantilla. Todo moi ben pensado e traballado entre o alcalde, Salvador González Solla, os servizos xurídicos municipais e a defensa dos enchufados, letrados que teñen en común ter sido no seu momento contratados polos Castro como persoal de confianza con cargo aos orzamentos municipais.

O máis esperpéntico de todo é que dende o Concello de Ponteareas se pida a Sandra Araúxo Carballido que xustifique a súa condición de interesada no devandito proceso. 

Xa que teñen carencias de memoria Compromiso por Galicia de Ponteareas presentará no prazo establecido a documentación que o Concello require e que xa consta nos seus arquivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario