venres, 19 de setembro de 2014

Industria inicia o primeiro expediente sancionador a Gas Natural

Compromiso alertaba en novembro de 2013 das irregularidades na instalación do Gas Natural en Ponteareas, có consentimento do goberno do PP

Compromiso por Galicia, xa en novembro do ano pasado, alertaba de que  o goberno do PP, estaba a permitir que unha empresa estivera instalando o gas natural nos pisos sen facer proxecto da obra e sen pagar a correspondente licenza municipal,  e que polo conseguinte non poderían ter certificado de Industria de alta de dita instalación.

Agora case un ano despois, tras denuncias de particulares, industria abre un expediente sancionador a Gas Natural S.D.G. por non cumprir os requisitos técnicos esixidos segundo o artigo 24 da Posta en funcionamento dunha instalación térmica, informan os galeguistas.

Compromiso manifesta que, a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, non pode dar de alta estas instalacións, ao carecer de proxecto e licenza que garanta o cumprimento da normativa, e a seguridade dos veciños. Compre recordar que fai falta unha licenza xeral que abarcaría a obra xeral na vía pública ata a acometida do edificio (este permiso si o ten a empresa) e, por outra parte, unha licenza individual por cada edificio e vivenda, permisos que garanten a seguridade dos cidadáns.


Compromiso  tamén ten solicitado a paralización das obras do gas, a sabendas de que se está pondo en perigo a seguridade dos veciños e veciñas, xa que o goberno do PP, con Salvador González de alcalde, deixa nunha situación de inseguridade e indefensión a moitas familias, porque se as instalacións non cumpren cós requisitos que marca a lei, non se pode garantir que se cumpran os mínimos legais de seguridade e saúde.

Ponteareas, 19 setembro 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario