domingo, 5 de abril de 2015

Compromiso; felicita a José Henrique Porto Lareo pola medalla de prata no mundial de ciclismo

Compromiso aposta firmemente polo mundo do deporte, tan esquecido polo goberno municipal do PP.

Sandra Araúxo, candidata de Compromiso por Galicia, felicita ao noso veciño Jose Henrique  Porto Lareo,  que foi  proclamado subcampión do mundo  2015 en Apeldoorn. A  prata a conseguiu xunto có seu compañeiro de tándem na proba de velocidade dos 200 metros. No que acadou  mellor tempo que nos xogos paralímpicos de 2012 en Londres, no que gañou a medalla de bronce.


Dende Compromiso apostamos por apoiar aos nosos deportistas, esquecidos totalmente polo goberno do PP. É un orgullo contar con campións como Jose Henrique entre os nosos veciños, persoas que loitan día a día por superarse.


Para os galeguistas o deporte ten que ser unha aposta firme no noso concello, de onde saíron grandes campións en diversas modalidades, tanto no mundo do ciclismo; Álvaro Pino, Jose Henrique Porto,  Isidro Araúxo, Jesús Carballido, etc. , no mundo do atletismo con persoas como Antonio e José Teixera, no hockey , na ximnasia deportiva, entre outros. Para isto aconteza hai que apoiar o deporte de base, e as escolas deportivas para que os nosos rapaces e rapazas se podan iniciar neste mundo, manifesta Araúxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario