luns, 13 de abril de 2015

Compromiso traballa para integrar a Xosé H. Glez Lago e a membros da esquerda plural na candidatura

A candidatura de Compromiso será unha candidatura plural , na que moitas sensibilidades e sectores sociais se verán representados

Compromiso por Galicia, mantén conversas con un grupo de persoas que no ano 2011 participaron na candidatura de Esquerda Unida, entre os que se atopa Xosé Henrique González Lago, excandidato á alcaldía de Ponteareas.

Os galeguistas están a configurar unha lista plural na que moitos sectores sociais estean representados, ao igual que persoas de diversas sensibilidades da esquerda. "Estamos a conformar unha candidatura de unidade, claramente de esquerdas, na que primen  os intereses dos veciños e veciñas sobre os do partido", afirma Sandra Araúxo, candidata á alcaldía por Compromiso por Ponteareas (CxG).

Os galeguistas defenden as listas abertas, polo que calquera persoa que comparta os principios de Compromiso pode participar na súa candidatura. Deste xeito nas últimas datas diferentes persoas que nunca tiveran ningún tipo de participación na política a ningún nivel se achegaron a Compromiso por Ponteareas para interesarse e algunhas delas manifestando a súa intención de apoiarnos e formar parte das listas, sinala Araúxo.

Ademais do achegamento dos veciños, Sandra Araúxo, candidata á alcaldía de Ponteareas,  leva días en conversas con Xose Henrique González Lago e un grupo de persoas que proveñen de EU e que levan un tempo afastados da vida pública, pero que nunca deixaron de traballar dentro do movemento asociativo.  A candidata de Compromiso por Ponteareas está moi optimista e esperanzada de que as reunións dean o seu froito, dado que existe un interese común, sacar do goberno ao Partido Popular e sacar ao concello da parálise na que se atopa sumido. 


Compromiso aposta por persoas comprometidas coa sociedade, honestas e traballadoras, como Xosé Henrique González Lago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario