martes, 7 de abril de 2015

O PP non se decata de que a estación de autobuses a ten que xestionar a Xunta de Galicia

Ordenar que os Policías Locais fagan función de conserxes é o colmo da xestión de dez anos de Solla na alcaldía. O PP pon o “cucurucho da meda” na súa nefasta política de persoal

Sandra Araúxo, candidata de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ponteareas, considera un disparate a orde por escrito realizada polo alcalde a membros da policía Local para que procederan á apertura e peche da Estación de Autobuses.

Segundo os galeguistas, a política de persoal do PP, de Solla e Belén Villar é patética. Foron incapaces de aprobar unha Relación de postos de traballo, de renovar o convenio colectivo do persoal laboral , o que con leva a manter o clientelismo da época dos Castros e a usar aos traballadores públicos como se foran os seus escravos. O que se agrava aínda máis con actitudes coma a acontecida, onde se lle pide a un corpo profesionalizado como é a policía local, que exerza funcións de conserxes.

Hai que lembrar que, despois de 25 anos, a Estación de Autobuses reverteu na Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia. No pleno de decembro de 2013  acordouse que os traballadores alí adscritos, dous conserxes pasaran a realizar os seus traballos nos colexios públicos. A Estación de Autobuses non é, polo tanto, un servizo municipal e o Concello non ten por que facer ningún tipo de traballo ou actuación na mesma, traballos que lles compete á Xunta de Galicia, afirma Sandra Araúxo.


Os dez anos de goberno de Solla, poden tacharse de nefastos e pasan a memoria dos cidadáns como o ano da intervención económica do Estado, do salto polas fiestras e do caso patos, resume Araúxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario