xoves, 9 de abril de 2015

Compromiso por Galicia alucina coas contas do ano 2014 presentadas polo goberno do PP

Belén Villar fai malabarismos contables para engañarse a si mesma

O goberno municipal do Partido Popular ven de presentar e anunciar en prensa que durante o ano 2014 tivo un aforro de 1,5 millóns de euros, o que ven sendo uns 250 millóns das antigas pesetas. Tendo en conta que Ponteareas leva prorrogando o seu orzamento dende o ano 2010, cando aprobou unas contas de 13 millóns de euros querería dicir que gastou so o 80% dos cartos que ingresou, feito que é mentira e ademais é imposible.

Sandra Araúxo, candidata á alcaldía por Compromiso por Galicia, quere manifestar en primeiro lugar a absoluta imprudencia do Partido Popular para aprobar uns orzamentos en cinco anos, cando o nivel de ingresos provocado pola crise, a retención de cartos para asumir o embargo feito polo propio Goberno do Estado, a refinanciación da débeda, a redución de plantilla e servizos supón que tanto os ingresos totais como os gastos diminuíron de maneira considerable, sobre todo os ingresos.

O único motivo polo que o goberno encuberto do PP e ACIP non aprobaran un orzamento para Ponteareas foi a de manter unas partidas orzamentarias irreais sobre as que xustificar e endosar os gastos cotiás do Concello. “Hai que lembrar que a aprobación das partidas de gastos non se xustifican nin aproban polo feito de ter liquidez ou saldo positivo nunha conta bancaria, nas administración o visto e prace dos interventores e concelleiros basean aprobar un gasto na existencia de partida presupostaria, exista ou non liquidez nese momento”, sinala Sandra Araúxo.

Dado que o concello sigue intervido polo Estado, polo que ten unha retención do 50% , os gastos aumentaron pois o goberno triplica servizos como o de mantemento de xardíns, ou limpeza de escolas con subcontratas, etc, e que o nivel de ingresos debidos a crise son menores, a pesares da subida salvaxe de impostos, é imposible que as contas dean superávit, sinala Araúxo.

Os galeguistas recalcan que Belén Villar e Solla queren facer os cidadáns parbos, pero non o son, porque teñen probas máis que dabondo para saber que a xestión económica deste concello é unha desfeita cando vimos de vivir casos diversos de supostos cobros irregulares como o das terrazas ou o dos cursos do conservatorio, cartos que non pasaban a ser ingresados nas arcas municipais, e que algúns si aparecían na contabilidade.


Polo tanto, “manter o orzamento do ano 2010 co que agora son partidas orzamentarias virtuais, infladas, permitiu manter un nivel de gasto que non é acorde cos ingresos reais do Concello” conclúe a candidata de Compromiso por Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario