luns, 12 de xaneiro de 2015

Compromiso elixe a Santiago Sousa Secretario Local de Ponteareas

O pasado sábado 10 de xaneiro, Compromiso por Galicia elixiu nunha asemblea aberta a veciños e veciñas o seu Secretario Local. Có apoio da unanimidade dos asistentes proclamouse Secretario Xeral a Santiago Sousa.

Santiago Sousa, veciño da parroquia de Fontenla, é unha persoa moi coñecida en todo o municipio dado que rexenta un establecemento situado no centro da vila.

Na xuntanza deuse un balance do traballo político desenvolto polos galeguistas neste último ano e abriuse o proceso de primarias, no que Compromiso elixirá o candidato ou candidata ás eleccións municipais de maio 2015.


Os veciños e veciñas interesados en participar neste proceso o poderán facer, xa que as primarias de Compromiso son abertas os cidadáns. Poderá participar nas primarias calquera veciño ou veciña que estea interesado. sen necesidade de ser afiliado ou afiliada.

Entre os asistentes a xuntanza, estaba presente o Secretario Xeral, Xoán Bascuas, que felicitou os membros da agrupación local polo bo traballo que están a facer, preocupados polos problemas que afectan os cidadáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario